A Xunta traballa na apertura de novos mercados para o viño galego na Feira Internacional Prowein da man de adegas e consellos reguladores

  • A  Xunta  participa por primeira vez neste evento promocionando dun xeito conxunto a unha delegación do sector vitivinícola galego
  •  José González puxo de relevo a importancia de respaldar dende a Xunta a participación de adegas e consellos reguladores en eventos como este, referenciais para o sector, co obxectivo de seguir mellorando a competitividade e dinamismo dun sector chave para o rural galego
  • Neste sentido, avanzou que esta semana o Consello da Xunta avaliará o Plan anual de promoción de produtos alimentarios de calidade diferenciada da Consellería, que ten entre os seus obxectivos a presenza en feiras como ProWein
  • Co obxectivo de potenciar a repercusión comercial de Galicia neste evento, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria desenvolve actividades coma un túnel do viño, visitas guiadas ou a presentación de proxectos de enoturismo por parte de bodegas e consellos reguladores

Düsseldorf (Alemaña), 10 de marzo de 2024

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu esta mañá á primeira xornada da trixésima edición da feira ProWein, que terá lugar ata o martes na cidade alemá de Düsseldorf. Alí, José González puxo de relevo a importancia da presenza institucional da Xunta para promocionar a calidade diferenciada dos viños galegos a través de 16 adegas -das cinco denominacións de orixe galegas- e consellos reguladores, co obxectivo de seguir impulsando a competitividade deste sector a través da apertura de novos mercados comerciais.

A Xunta conta por primeira vez en ProWein cun posto propio de 175 metros cadrados, no que está presente unha ampla delegación do sector vitinícola galego co fin de "favorecer a potenciación da marca dos nosos viños, embaixadores de Galicia para todo o mundo", destacou González, que realizou un percorrido polo espazo de Galicia.

O titular do Medio Rural en funcións remarcou en Düsseldorf a importancia de respaldar dende a Xunta, baixo un paraugas común, a participación dos viños galegos nunha cita de relevancia internacional como ProWein, "un aspecto crucial" para poñer en valor o bo facer dos produtores que, segundo salientou González, "son os verdadeiros responsables de que poidamos estar hoxe aquí". Ademais, este tipo de iniciativas contribúe a reforzar a presencia internacional das bodegas e variedades vitivinícolas galegas, "que contan cunha calidade excepcional, garantida polo gran esforzo e traballo que realizan os nosos produtores e os consellos reguladores".

González incidiu nas oportunidades que se abren para o sector do viño galego a través de eventos como este, que facilitan establecer novos diálogos comerciais entre produtores e operadores, para o que a Xunta facilita apoio técnico ademais de desenvolver un intenso programa de actividades para os profesionais que acudan a ProWein.

Precisamente, o titular de Medio Rural en funcións avanzou que esta mesma semana o Consello da Xunta avaliará o Plan de promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada de 2024 da Consellería, que ten entre os seus obxectivos a presenza en eventos como o de ProWein, a feira máis importante no sector e na que participan máis de 50.000 profesionais do viño e as bebidas espirituosas de todo o mundo, con 5.700 expositores de 60 países.

"A nosa aposta pola calidade diferenciada dos nosos produtos, pola Marca Galicia, é moi potente, e plásmase con feitos e con fitos. Este é un camiño no que xa viñemos traballando nos últimos anos, que cobrou un novo pulo en 2023 e que nos vindeiros meses seguiremos avanzando, apoiados nun ambicioso plan anual de promoción", remarcou José González. 

Actividades no "stand" de Galicia

No día de hoxe comezan as actividades organizadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en ProWein, que se desenvolver ata o martes co fin de reforzar a repercusión comercial da presenza galega nesta feira, incluíndo visitas guiadas polo espazo de Galicia dirixidas a pequenos grupos de profesionais alemáns do sector da hostalería, distribución e xornalismo. No percorrido enogastronómico amosarase a influencia dos climas, solos e variedades autóctonas que caracterizan e definen a calidade dos viños galegos.

O "stand" da Xunta tamén conta cun Túnel do Viño, coa presenza das 32 referencias premiadas cos acios nas Catas de Galicia 2023. O espazo está atendido ao longo dos tres días da feira internacional polo sumiller Alejandro Paadín e os participantes nesta iniciativa poderán degustar estes viños en maridaxe con outros produtos galegos con selos de calidade diferenciada.

Ademais, dentro da aposta por seguir reforzando a Galicia como destino enoturístico, os asistentes poderán coñecer os proxectos deste tipo presentados por bodegas galegas, ademais das rutas do viño lideradas polos diferentes consellos reguladores. 

Compromiso do Goberno autonómico

O titular do Medio Rural en funcións asegurou que o sector vitivinícola é unha "absoluta prioridade" para a Xunta de Galicia, xa que se configura como un referente produtivo no rural e como un dos piares da economía da comunidade, dando emprego a máis de 10.000 produtores en 500 adegas.

A aposta por este eido produtivo susténtase en medidas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, coa que se están a reforzar todas as dimensións do sector -económica, territorial, turística, patrimonial e paisaxística-; ou as diferentes liñas de achegas deseñadas para o sector, co fin de seguir afondando na comercialización e promoción de produtos vitivinícolas. 

Outra das pancas de acción deseñadas pola Xunta de Galicia é a Lei da calidade alimentaria, que entrou en vigor o pasado mes de febreiro, e que ten como fin reforzar a aposta do Goberno autonómico a prol da excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias da nosa comunidade, incluído o viño. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22915 {"title":"A Xunta traballa na apertura de novos mercados para o viño galego na Feira Internacional Prowein da man de adegas e consellos reguladores","published_date":"2024-03-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22915"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-10/22915-xunta-traballa-na-apertura-novos-mercados-vino-galego-na-feira-internacional-prowein-da-man-adegas-e-consellos-reguladores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.