A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao
  • Tamén comezarán labores de limpeza nas estradas OU-150, en Ourense, e na OU-536 no seu percorrido polos municipios de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives
  • Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2024

 A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas ao paso polas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense.

No caso das provincias da Coruña e de Lugo, as novas actuacións levaranse a cabo na estrada

AC-861, no municipio de San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao, respectivamente.

Tamén comezarán os traballos de roza e limpeza na estrada OU-150, no municipio de Ourense; e na OU-536 no seu percorrido polos concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Continuarán, ademais, as intervencións que están en marcha en distintas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, na comarca do Morrazo: na autovía AG-4.6, en Moaña e Cangas; e na CG-4.1, que une os municipios de Moaña e de Cangas.

Tamén proseguirán nas provincias da Coruña e de Lugo estas tarefas na AC-554, no concello de Outes; na LU-615, no Saviñao; e na vía de altas prestacións CG-2.3, en Viveiro e en Xove.

Ademais, no caso da provincia de Ourense, continuarán as tarefas nas estradas OU-540, nos municipios de Ourense e de Lobios; e na OU-531, ao seu paso polos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22911 {"title":"A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense","published_date":"2024-03-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661597\/AG46_foto5.jpg","id":"22911"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-10/22911-xunta-comezara-vindeira-semana-traballos-limpeza-nas-marxes-catro-estradas-autonomicas-nas-provincias-da-coruna-lugo-e-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.