Arranca a nova temporada dos trens turísticos de Galicia coa primeira saída da Ruta da Camelia

Imagen del artículo Arranca a nova temporada dos trens turísticos de Galicia coa primeira saída da Ruta da Camelia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Hoxe comeza o primeiro dos 14 itinerarios que circularán este ano por Galicia nesta iniciativa na que un ano máis colaboran a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde
  • Visitaranse tres xardíns con certificación de Excelencia internacional: Pazo Quinteiro da Cruz, Castelo de Soutomaior e Pazo de Rubiáns
  • A próxima saída da Ruta da Camelia será o 23 de marzo, para a que xa están esgotados os billetes, e a partir de xuño comezarán a funcionar o resto de itinerarios

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2024

A nova temporada dos trens turísticos de Galicia arranca hoxe coa primeira saída do itinerario do Tren da Camelia en Flor, unha das 14 rutas que estarán dispoñibles durante este ano dentro da iniciativa posta en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde que permite coñecer a Comunidade galega e moitos dos seus recursos máis destacados a bordo do tren.

O Tren da Camelia en Flor sae hoxe 9 de marzo e terá a próxima saída o día 23 de marzo, para a que os billetes xa están esgotados. Coincidindo co período de floración da camelia, na ruta visitaranse tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, no que florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades a partir da que elaboran o seu propio té, que os viaxeiros poderán degustar.

Tamén se visita o Castelo de Soutomaior, coñecendo o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bella Otero. Finalmente, o percorrido inclúe o Pazo de Rubians, que conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño, viño que se degustará ao rematar a visita.

Rutas dun día

O Tren da Camelia en Flor é unha das 14 rutas que estarán en marcha este ano dentro da experiencia dos Trens Turísticos de Galicia que, neste caso comezarán a circular a partir de xuño, e inclúen itinerarios como a Ruta dos Faros; o Museo MEGA, a Ruta da Lamprea, a Ruta dos Mosteiros, a dos Queixos de Galicia, a das Mariñas ou as dos viños das cinco denominacións de orixe.

Como cada ano, cada unha das rutas poderase realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece un servizo de guías oficiais de Galicia durante o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas aos puntos de interese. Os billetes estarán dispoñibles proximamente para a súa compra a través das plataformas habituais, en calquera estación de Renfe, na súa web e en venta telefónica. Toda a información de prezos, calendario e venta consultarase tamén na páxina web de Turismo de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22898 {"title":"Arranca a nova temporada dos trens turísticos de Galicia coa primeira saída da Ruta da Camelia","published_date":"2024-03-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661591\/20240309+InicioTemporadaTrenTuristicoGalicia.jpg","id":"22898"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-09/22898-arranca-nova-temporada-dos-trens-turisticos-galicia-coa-primeira-saida-da-ruta-da-camelia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.