Irene Altabás, especialista en reumatoloxía do Álvaro Cunqueiro, participa na redacción e presentación do 'Libro branco Saúde e xénero en España'

Imagen del artículo Irene Altabás, especialista en reumatoloxía do Álvaro Cunqueiro, participa na redacción e  presentación do 'Libro branco Saúde e xénero en España'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Altabás foi seleccionada para explicar as circunstancias que envolven ao lupus eritematoso sistémico, unha enfermidade que padecen 10 mulleres por cada home
  • Trátase do primeiro libro branco a nivel nacional que afronta a perspectiva de xénero en múltiples áreas da saúde
  • No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, trátanse na actualidade unhas 300 persoas diagnosticadas con lupus eritematoso sistémico (LES), das que un 90 % son mulleres

Vigo, 9 de marzo de 2024

  A doutora Irene Altabás González, médica especialista en reumatoloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e investigadora do Grupo Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-mediadas (IRIDIS) do Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur, participou na presentación do Libro Branco Saúde e Xénero en España, editado polo Observatorio de Salud (OdS).

O acto de presentación tivo lugar o martes 5 de marzo no Congreso dos Deputados, en Madrid, nun acto que abriu a presidenta do Congreso, Francina Armengol, e no que estiveron representantes do ámbito sanitario da Administración do Estado, do OdS e as autoras e autores dos diferentes capítulos que conforman esta publicación.

Profesionais seleccionados

Para desenvolver esta tarefa, o OdS conformou un comité científico encargado da coordinación deste documento, seleccionando á súa vez uns 50 profesionais do ámbito sanitario para a redacción de artigos nos que destacar a necesidade de abordar a  investigación, diagnóstico e tratamento de cada unha das súas especialidades cunha perspectiva de xénero. Entre estes especialistas convidados a expoñer a súa visión científica nos seus respectivos ámbitos atópase a doutora Irene Altabás, autora do capítulo relacionado co lupus eritematoso sistémico (LES), unha enfermidade autoinmune crónica que ataca diferentes órganos e tecidos provocando lesións e inflamacións e que é dez veces máis común entre mulleres que homes.

Segundo expresou a Dra. Altabás: "Ser convidada a participar nesta iniciativa supón poder contribuír a unha publicación tan importante como este libro branco nunha enfermidade, como é o LES, no que a poboación feminina que o padece é significativamente superior. Así mesmo -continua Altabás-, afondar na necesidade de investigar e tratar as doenzas con perspectiva de xénero é absolutamente fundamental, se queremos contribuír a unha ciencia inclusiva, que teña presente a todo tipo de paciente, e con verdadeiro impacto na sociedade".

Perspectiva de xénero

A orixe desta publicación xorde deste Observatorio de Salud, entendendo que era necesaria unha iniciativa con este contido ao estimar que "en España, o 40 % da poboación feminina, fronte ao 30 % da masculina, padecerá unha enfermidade crónica", e a "espertar unha reflexión en toda a sociedade arredor da necesidade de incorporar políticas e accións sanitarias con perspectivas de xénero", tal e como indican na páxina web desta organización.

No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo trátanse na actualidade máis de 300 persoas con LES, das que un 90 % son mulleres.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22891 {"title":"Irene Altabás, especialista en reumatoloxía do Álvaro Cunqueiro, participa na redacción e presentación do 'Libro branco Saúde e xénero en España'","published_date":"2024-03-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/661594\/20240309+Altabas+Congreso+Deputados.jpg","id":"22891"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-09/22891-irene-altabas-especialista-reumatoloxia-do-alvaro-cunqueiro-participa-na-redaccion-e-presentacion-do-libro-branco-saude-e-xenero-espana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.