A Xunta promove a seguridade nos coidados e a atención á dor a través da estratexia de calidade e seguridade do paciente

  • Este documento marca unha folla de ruta para os vindeiros catro anos e sitúa a calidade do paciente como obxectivo estratéxico do Servizo Galego de Saúde
  • Inclúe o desenvolvemento de actividades e divulgación sobre os distintos tipos de dor, tanto para os doentes como para os profesionais
  • Durante os últimos cinco anos, o Sergas rexistrou máis de 37.000 consultas nestas unidades

Ourense, 8 de marzo de 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, inaugurou esta mañá a xornada "Allanando la complejidad del dolor oncológico abdomino-pélvico", un evento que organiza a Sociedade Española da Dor (SED)e que reunirá a especialistas deste ámbito durante dous días en Ourense. 

Así, durante o acto inaugural, o responsable do sistema sanitario galego puxo en valor a nova Estratexia de Calidade e Seguridade do Paciente (2024-2028), coa que a Xunta de Galicia promove os coidados e a atención á dor.

Acompañado polo xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial; e a presidenta da Sociedade Española da Dor (SED), María Madariaga; García Comesaña situou nun lugar prioritario das políticas sanitarias da Xunta a atención á dor, cualificando como "fundamental" o reactivar as comisións clínicas da dor nas sete áreas sanitarias, os seus grupos de traballo, así como a participación dos pacientes.

Durante a súa intervención, o conselleiro explicou que a Estratexia de Calidade e Seguridade do Paciente (2024-2028) conten unha liña de traballo específica para a abordaxe da dor e que nela, se establecen as accións, indicadores e obxectivos para mellorar a atención que o Servizo Galego de Saúde lle achega á poboación.

A totalidade dos hospitais da rede pública galega contan con cadansúa unidade da dor e, segundo explicou o titular da Sanidade galega, "durante os últimos cinco anos, o Sergas rexistrou máis de 37.000 consultas nestas unidades".

Comesaña tamén incidiu na importancia de que os indicadores da dor formen parte, cada ano, dos Acordos de Xestión que o Sergas asina coas sete áreas sanitarias, e destacou o importante papel que xoga a plataforma tecnolóxica TELEA no seguimento de pacientes oncolóxicos que sofren dor crónica.

O salón de actos do Centro cultural Marcos Valcárcel (Ourense) acollerá durante as xornadas de hoxe e mañá, a especialistas chegados de toda España para abordar as últimas novidades na diagnose, tratamento e seguimento, dos pacientes co dor oncolóxica abodimino-pélvica.

Deste xeito, responsables de Unidades da Dor de diferentes centros sanitarios a nivel nacional, oncólogos, e expertos en rehabilitación e psicoloxía clínica compartirán as súas experiencias levando a cabo mesas de diálogo e relatórios centrados no coidado deste tipo de doenzas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22890 {"title":"A Xunta promove a seguridade nos coidados e a atención á dor a través da estratexia de calidade e seguridade do paciente","published_date":"2024-03-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22890"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-08/22890-xunta-promove-seguridade-nos-coidados-e-atencion-dor-traves-da-estratexia-calidade-e-seguridade-do-paciente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.