A Xunta, a Asociación Española Contra o Cancro e a "Fundación Lo que de Verdad Importa" alíanse para sensibilizar á mocidade sobre os efectos nocivos do tabaco

  • As directoras xerais de Saúde Pública e de Xuventude, Participación e Voluntariado salientaron o conxunto de iniciativas postas en marcha polo Executivo galego para reducir o consumo de tabaco na nosa comunidade

A Coruña, 8 de marzo de 2024

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; asistiron esta mañá á xuntanza convocada pola Fundación Lo que de Verdad Importa e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), para abordar a necesidade de sensibilizar á mocidade sobre os efectos prexudiciais que o tabaco ten para a saúde.

Tras esta reunión, o Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO) albergou un congreso no que diferentes mozos e mozas achegaron as súas experiencias vitais. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado interveu neste evento no que animou aos mozos asistentes a aproveitar a xornada e a desenvolver o seu talento a través das diferentes ferramentas que ofrece o Goberno galego, como os programas Iniciativa Xove, Talento Mozo ou Xuventude Mentoring.

Promoción da Vida sen Tabaco

A directora xeral de Saúde Pública, destacou os diferentes plans e accións que a Xunta de Galicai leva posto en marcha para reducir o consumo de tabaco, co obxectivo de atallar a que é a primaria causa de mortalidade e morbilidade en todo o mundo, desde o ano 1993.

Neste senso, o Executivo galego esta a desenvolver o Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco. Unha folla de ruta que engloba ás estratexias e actividades destinadas a diminuír a mortalidade e morbilidade causada por patoloxías asociadas ao consumo de tabaco, reducir o número de fumadores da nosa comunidade, asegurar o cumprimento da normativa vixente, coñecer a evolución da epidemia tabáquica, e avaliar a efectividade das medidas implantadas neste programa.

Na mesma liña, Durán incidiu na relevancia que posúe a posta en marcha de iniciativas como o "Plan Inspira Saúde", ou a creación de espazos libres de fume -Parques e Praias-, nos concellos galegos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22885 {"title":"A Xunta, a Asociación Española Contra o Cancro e a \"Fundación Lo que de Verdad Importa\" alíanse para sensibilizar á mocidade sobre os efectos nocivos do tabaco","published_date":"2024-03-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22885"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-08/22885-xunta-asociacion-espanola-cancro-e-fundacion-lo-verdad-importa-alianse-sensibilizar-mocidade-os-efectos-nocivos-do-tabaco https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.