La Xunta organiza un Simposio internacional sobre frondosas autóctonas que reunirá en Lugo expertos gallegos, del resto de España y de ocho países europeos

Imagen del artículo La Xunta organiza un Simposio internacional sobre frondosas autóctonas que reunirá en Lugo expertos gallegos, del resto de España y de ocho países europeos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O evento, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, adscrita á Consellería do Medio Rural, celebrarase os vindeiros días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo na sede luguesa da UNED
  • O principal obxectivo é facilitar o intercambio de coñecementos sobre innovacións en frondosas en Europa, así como debater arredor das ferramentas de apoio á toma de decisións e avaliacións de resiliencia para mellorar a cadea de valor forestal en Galicia

Expertos galegos, do resto de España e de ata oito diferentes países europeos participarán no Simposio internacional sobre frondosas autóctonas organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, adscrita á Consellería do Medio Rural, que terá lugar en Lugo os vindeiros días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo.

 

O principal obxectivo deste foro, que se desenvolverá na sede luguesa da UNED, é facilitar o intercambio de coñecementos sobre innovacións en frondosas en toda Europa, así como debater arredor das ferramentas de apoio á toma de decisións e avaliacións de resiliencia para mellorar a cadea de valor forestal en Galicia.

 

O simposio enmárcase no proxecto autonómico para a valorización sustentable das masas de frondosas autóctonas de Galicia e na iniciativa europea Resonate "cadeas de valor forestais resilientes - mellorando a resiliencia mediante respostas naturais e socioeconómicas".

 

O amplo programa do evento, que será inaugurado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, iniciarase o mércores 28 de febreiro cunha reflexión xeral sobre as frondosas en Galicia, a cargo de especialistas en biotecnoloxía e silvicultura da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e da USC, respectivamente. Tamén se amosarán os resultados preliminares do Proxecto Tecnolóxico para Frondosas en Galicia, por parte do CIS Madeira, dependente da Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega da Industria Forestal.

 

Valorización e descarbonización

En materia de innovacións en Europa, dous expertos alemáns falarán sobre a valorización química destas especies e arredor da descarbonización e uso en cadoiro das frondosas. Outros temas a tratar nesta primeira xornada, que se completará cunha visita técnica ao marteloscopio da carballeira de Labio, serán as experiencias e innovación en biorefinerías con frondosas e os taninos e barricas.

 

O xoves 29 de febreiro cobrará forza a dimensión internacional deste simposio, xa que participarán nel cinco expertos doutros tantos países europeos -Finlandia, Suíza, Suecia, Austria e Dinamarca-. Falarán sobre densificación e tratamento térmico para construción con bidueiro, densificación con frondosas, contrachapado e bioprodutos do bidueiro, produción de lignina, cambio climático e resiliencia ou medidas de adaptación a través da cadea de valor, entre outros asuntos.

 

Adaptación ao cambio climático

A xornada centrarase tamén en como o sector galego pode adaptarse ao cambio climático, a través de tres mesas: sobre xestión forestal, industria da madeira sólida e outras industrias. Por último, e tras unha mesa redonda sobre a industria das frondosas en Galicia, realizarase unha visita técnica ao serradoiro Maderas Gayoso.

 

O último día do simposio, o venres 1 de marzo, trataranse cuestións como a dixitalización, con expertos que falarán da mobilización de madeira, rasetrexabilidade forestal, operacións e xestión forestal e rastrexabilidade no transporte da madeira. A Evolución do mercado de frondosas en Europa, os resultados dos proxectos de valorización de frondosas de pequena dimensión en Francia ou os proxectos de valorización e transformación local de frondosas en Valonia (Bélxica) e Navarra completarán o programa de actos, antes da clausura do evento, que está previsto que corra a cargo do conselleiro do Medio Rural, José González.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22065 {"title":"La Xunta organiza un Simposio internacional sobre frondosas autóctonas que reunirá en Lugo expertos gallegos, del resto de España y de ocho países europeos","published_date":"2024-01-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2047543","id":"22065"} galicia Agricultura e gandería,C. do Medio Rural,forestal https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-27/22065-xunta-organiza-simposio-internacional-frondosas-autoctonas-reunira-lugo-expertos-gallegos-resto-espana-ocho-paises-europeos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.