La norteamericana Lindsay Semel traducirá al inglés la novela No ventre do silencio de Méndez Ferrín

Imagen del artículo La norteamericana Lindsay Semel traducirá al inglés la novela No ventre do silencio de Méndez  Ferrín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A editora obtén a bolsa IV Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega e viaxará a A Coruña en marzo  
  • Con este proxecto, a Xunta de Galicia e a Residencia Literaria 1863 queren contribuír á proxección exterior da nosa cultura  

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Residencia Literaria 1863 acaban de resolver a bolsa para a IV edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega. A autora este ano será a tradutora e editora norteamericana Lindsay Semel, quen traducirá ao inglés a novela No ventre do silencio de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O obxectivo da Residencia Xacobeo é estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no estranxeiro. Esta cuarta convocatoria é unha nova oportunidade para que un tradutor literario, neste caso Lindsay Semel, poida "traducir unha obra galega nunhas condicións de excelencia e empapándose da cultura que as viu nacer", explican o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo,  e a coordinadora da Residencia Literaria 1863, Yolanda Castaño.

A tradutora norteamericana gozará dunha estadía na Coruña durante todo o mes de marzo, instalándose na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX en pleno casco histórico, con vistas á dársena e todas as comodidades, onde todo favorece a concentración no traballo para traducir a obra de Méndez Ferrín.

Inmersión na cultura galega

Ademais, ten cuberto o billete aéreo desde Estados Unidos e unhas dietas para gastos básicos, así como aceso prioritario a museos, bibliotecas, concertos, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos nunha cidade que conta cunha rica e diversa vida cultural. Isto xa o viviron nas anteriores edicións desta bolsa os estadounidenses Jacob Rogers e Kathleen March e o letón Arvis Viguls.

Esta colaboración entre Xunta de Galicia e Residencia Literaria 1863, no marco do Plan Xeración Cultura, pretende incentivar o labor da tradución literaria, o intercambio internacional e o traslado de obras da literatura galega para outros idiomas e sistemas literarios, facéndoo desde o mesmo contexto cultural onde foran creadas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
21730 {"title":"La norteamericana Lindsay Semel traducirá al inglés la novela No ventre do silencio de Méndez Ferrín","published_date":"2024-01-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2042455","id":"21730"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,Cultura https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-16/21730-norteamericana-lindsay-semel-traducira-ingles-novela-ventre-do-silencio-mendez-ferrin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.