La Xunta visita el centro de rehabilitación integral de Acem
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá o centro de rehabilitación integral da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (Acem).
A directora xeral coñeceu as instalacións e o traballo que fai Acem. Ademais, abordou con responsables da entidade temas de voluntariado e iniciativas coas que achegar á xuventude recentemente diagnosticada a este servizo.