La exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura se despide hoy del Museo Gaiás

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A mostra conmemora o centenario da fundación desta institución, grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia  
  • Pode visitarse ata este domingo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, con entrada de balde e en horario de 10,00 a 20,00 horas  

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2024

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura despídese este domingo 7 de xaneiro do Museo Centro Gaiás, onde fora inaugurada a comezos do pasado mes de xullo. A mostra encadrouse nos actos cos que neste ano que vén de rematar se conmemorou o centenario da fundación do Seminario.

Comisariada polo historiador Ramón Villares, a exposición concibiuse como unha posta en valor dunha obra colectiva que, a comezos do pasado século, impulsou de xeito decisivo a modernización cultural e científica de Galicia e tamén a proxección exterior da nosa cultura, conectando con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

A mostra amosa fotografías, publicacións, manuscritos, bosquexos debuxos... así como unha escolma de pezas singulares que nos permiten trazar a historia do Seminario de Estudos Galegos desde a súa mesma acta fundacional, obra coa que, precisamente, arrinca o percorrido expositivo.

Comisariado

Luz na Terra está comisariada por Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano e reitor. Foi membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea, é Membro Numerario da Real Academia Galega e foi presidente do Consello da Cultura Galega.

Ademais, con motivo da exposición, editouse unha completa publicación, chamada a converterse nunha obra de referencia para afondar no estudo e historia da creación do Seminario de Estudos Galegos. A autoría dos seus textos compón unha galería de figuras protagonistas da comunidade científica e cultural da Galicia das últimas décadas, voces herdeiras e continuadoras da misión do Seminario. O catálogo pode adquirirse na tenda do Museo Centro Gaiás e tamén la Libraría Institucional da Xunta de Galicia.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
21521 {"title":"La exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura se despide hoy del Museo Gaiás","published_date":"2024-01-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2039830","id":"21521"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,Cultura https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-01-07/21521-exposicion-luz-na-terra-seminario-estudos-galegos-unha-institucion-alta-cultura-se-despide-museo-gaias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.