Rueda destaca el Centro Integral de Loita contra o Lume como referente en formación, cooperación e investigación en incendios forestales

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Subliña a “magnífica rehabilitación” da lavandaría do antigo psiquiátrico para convertelo nun espazo formativo e administrativo
  • Salienta que o propio espírito innovador do CILL está a permitir captar fondos comunitarios para este proxecto ao atraer o interese de Europa
  • Neste acto, a Xunta fixo entrega ao persoal de loita contra o lume do servizo público galego de 14 equipos denominados batracios, a través dun investimento de máis de 4,8 M€, que constitúen toda unha innovación ao non existir nada semellante na contorna  

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o novo Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL), situado no municipio ourensán de Toén, como un referente internacional para a formación, a cooperación e a investigación en materia de incendios forestais.

"Temos o mellor persoal, cada vez os mellores medios e como queremos seguir téndoos hai que seguir formándoos e demostrar que nisto en Galicia tamén somos moi potentes", asegurou sobre este centro no que a Xunta leva investidos máis de 3,5 millóns de euros.

O titular do Goberno galego, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, participou na inauguración do novo centro administrativo e de formación das brigadas forestais, o que significa o remate da primeira fase de construción referida á reforma da lavandaría do antigo psiquiátrico. Unha "magnífica rehabilitación", tal e como indicou Rueda, na que se utilizou castiñeiro como mostra da aposta da Xunta pola madeira estrutural.

Así, Rueda salientou a contribución desta iniciativa pioneira no eido formativo xa que centralizará tanto a formación continua de bombeiros forestais como a instrución de novos profesionais neste eido. Ademais, será un referente no eido da cooperación internacional, ao estar pensado para poñerse a disposición de profesionais de toda Europa e contar cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios. E  tamén contará cunha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais contraincendios como defensores do monte e, por extensión, da seguridade das persoas e dos seus bens.

Neste senso, cabe incidir en que o propio espírito innovador do CILL está a permitir captar fondos comunitarios para este proxecto ao atraer o interese de Europa. Unha demostración, salientou o presidente da Xunta, de que por "en menos de dous anos soubemos empregar eses fondos europeos perfectamente".

"Temos un magnífico Servizo de extinción e prevención de incendios pero isto tamén evoluciona moi rápido e iso require moita formación, moita especialización", asegurou Rueda, polo que comprometeu o apoio da Xunta coa mellora do servicio contra incendios de Galicia. Neste sentido, o Goberno autonómico destinará 24 millóns de euros nos orzamentos de 2024 para a dotación de medios (aéreos e terrestres) e para a mellora da uniformidade do persoal.

Entrega de equipos multifunción

Durante a visita de hoxe, a Xunta tamén fixo entrega ao persoal de loita contra o lume do servizo público galego de 14 equipos multifunción denominados batracios. Uns vehículos que, cun investimento de máis de 4,8 M€, constitúen toda unha innovación ao non existir nada semellante na contorna. Están formados por tractor, cisterna, trituradora e polidozer, polo que son capaces de circular con seguridade nos montes e mellorar a eficacia dos traballos preventivos, así como optimizar o labor de preparación e mantemento de pistas forestais, liñas de defensa contra incendios e cortalumes e o mantemento de puntos de auga.

Tanto a execución do centro administrativo e de formación de Toén, como a subministración dos 14 batracios foi financiada ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, con fondos REACT-EU, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
21091 {"title":"Rueda destaca el Centro Integral de Loita contra o Lume como referente en formación, cooperación e investigación en incendios forestales","published_date":"2023-12-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2032195","id":"21091"} galicia A Presidencia da Xunta;,Emerxencias,forestal https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-12-16/21091-rueda-destaca-centro-integral-loita-lume-como-referente-formacion-cooperacion-e-investigacion-incendios-forestales https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.