La Xunta reclama al Ministerio de Educación un fondo para la rehabilitación de centros educativos

  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, remite unha carta á ministra Pilar Alegría, solicitándolle este fondo de cooperación coas comunidades autónomas
  • Lembra que Galicia está realizando un esforzo inversor sen precedentes, con máis de 300M€ nesta lexislatura, para renovar e modernizar as instalacións

A Estrada (Pontevedra)

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, explicou hoxe que vén de reclamar ao Ministerio de Educación, FP e Deportes a creación dun fondo para a rehabilitación de centros educativos que contribúa ao financiamento das obras que están acometendo as comunidades autónomas. Esta petición foi trasladada xa á ministra do ramo, Pilar Alegría, nunha carta esta semana.

Nunha visita ao colexio CEIP Pérez Viondi da Estrada, destacou que o Goberno galego ten en marcha un investimento de máis de 300M€ ata 2024 en melloras educativas no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. "Hoxe mesmo anunciamos novas actuacións neste centro e en Marín", indicou. Estas actuacións son moi necesarias dada a antigüidade do parque inmobiliario e o seu volume, con máis de mil edificios en Galicia, ao que se suma a importancia de modernizalos e adaptalos ás novas metodoloxías, dotalos de máis e mellor tecnoloxía e facelos máis respectuosos co medio ambiente.

"O Ministerio de Educación non achega fondos para a transformación das instalacións educativas que estamos a asumir con esforzo inversor sen precedentes", explicou o titular do departamento educativo do Goberno galego. "Unhas actuacións que son moi necesarias, dado que a pandemia demostrou que precisamos configurar os colexios e institutos dun xeito máis axustado ás necesidades do século XXI, que son distintas desde o punto de vista da saúde, das tecnoloxías e da eficiencia enerxética", sinalou.

1.372 obras de mellora

Román Rodríguez recordou que a Xunta leva traballando arreo para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos, algúns deles con máis de 40 anos de antigüidade, desde a posta en marcha do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. "Son xa 1.372 as obras executadas neste marco, das que 270 son grandes obras que comprenden rehabilitacións integrais, melloras sectoriais, construción de novos centros e ampliacións". Outras 1.040 correspóndense con actuacións de pequena e mediana envergadura e 62 son instalacións fotovoltaicas, estas últimas enfocadas a seguir avanzando cara centros educativos máis verdes e máis sostibles nas súas contornas.

Neste senso, o conselleiro destacou que o crecemento exponencial da FP tamén esixe novas instalacións para acoller talleres e grandes equipamentos. "Proba disto son obras de tanto calado como o novo edificio de talleres que estamos a acometer aquí mesmo na Estrada, no Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, cun investimento de máis de 3M€", ou os realizados recentemente no Politécnico e o IES Sanxillao de Lugo. Ademais, están en marcha proxectos para construción de novos centros como o Colexio CEIP de Milladoiro (Ames) e do Instituto IES de Navia (Vigo) e numerosas ampliacións.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
20678 {"title":"La Xunta reclama al Ministerio de Educación un fondo para la rehabilitación de centros educativos","published_date":"2023-12-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"20678"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,educación https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-12-02/20678-xunta-reclama-ministerio-educacion-fondo-rehabilitacion-centros-educativos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.