El programa de sensibilización ambiental Escola Verde duplica este año la participación de centros educativos al llegar a 20

  • Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta+, conta coa colaboración activa de arredor de 230 profesores e chegará a preto de 2.300 alumnos de centros de ensino tanto rurais como urbanos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato
  • O programa vai pola quinta edición, co fin de acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente desde o eido educativo, unhas aprendizaxes que despois os estudantes aplican noutros ámbitos da súa vida diaria

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

A Xunta de Galicia puxo en marcha este mes unha nova edición do programa educativo Escola Verde coa participación dunha vintena de centros formativos, o dobre que no curso anterior. Esta iniciativa de sensibilización ambiental, impulsada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dentro do Plan Proxecta+; vai xa pola quinta edición e conta coa intervención activa de arredor de 230 profesores para chegar a preto de 2.300 alumnos dos centros de ensino participantes.

O programa Escola Verde ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente desde o eido educativo, unhas aprendizaxes que despois as alumnas e alumnos aplican noutros ámbitos da súa vida diaria. Con esta premisa, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar para concienciar ao alumnado desde idades temperás sobre o respecto pola biodiversidade e a natureza. 

Nesta quinta edición, ademais de duplicarse os centros de ensino participantes -entre os que se inclúen tanto de Educación Infantil como de Primaria, Secundaria ou Bacharelato-, incorpóranse temáticas innovadoras ou de máxima actualidade como o estudo da sostibilidade urbana, a perda da biodiversidade ou o reaproveitamento de residuos para diferentes usos. Esta diversidade de temas propostos polos centros -pertencentes tanto a localidades rurais como urbanas- leva aparellada a participación de profesorado de múltiples especialidades que van desde a química e a bioloxía ou a xeografía e historia.

O programa Escola Verde busca apoiar ás escolas que queren innovar, incluír, sistematizar e organizar accións educativas que teñen a finalidade de asumir novos retos e valores da sustentabilidade, así como conseguir cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente. Ademais invita aos centros a incorporar os valores da educación para a sustentabilidade en todos os ámbitos educativos e das familias ao tempo que se promove a participación activa da comunidade escolar na mellora do seu medio.   

Esta iniciativa formativa-xunto con MeteoEscolas- é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, no que colaboran diferentes organismos e que está pensado para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

Centros participantes e temas seleccionados:

 

CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA ESCOLA VERDE

Centro educativo
Tema seleccionado

CEIP Bergantiños

Bergantiños verde

CEIP de Corvillón

Corviscouts pola saúde!

CEIP de Espedregada

Patrulla verde en acción

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Mosteiro en verde

CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB

Reciclando

CEIP de Prácticas López Ferreiro

A conseguir un coleferreiro verde!

CEIP Illas Cíes

Escola verde e azul: polinizadores

CEIP Padre Feijóo

Acearrica+

CEIP Plurilingüe da Ramallosa

Ramalloseir@s coa natureza: 3ª parte

CEIP Plurilingüe de San Bartolomé

Isto vainos quedar a mar de limpa!

CPI de Ponte Carreira

Cada gota conta

CPR Plurilingüe de Barreiro

O barreiro é verde

CPR Plurilingüe La Inmaculada

CPR la inmaculada: escola verde

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Manchando as mans, non o planeta

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Placeres

Colecircularidade educar máis con menos

EEI de Verducido

Imos á horta con nonón

IES Eduardo Blanco Amor

ARTEedescARTE

IES Gonzalo Torrente Ballester

Residuos cero

IES Plurilingüe de Valga

Mudamos o noso centro

IES Xoán Montes

Plasticosfera. Poñer solución dende a orixe

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
20169 {"title":"El programa de sensibilización ambiental Escola Verde duplica este año la participación de centros educativos al llegar a 20","published_date":"2023-11-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"20169"} galicia educación,Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-11-17/20169-programa-sensibilizacion-ambiental-escola-verde-duplica-ano-participacion-centros-educativos-llegar-20 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.