La Xunta impulsa el torneo internacional Xacobeo de Ximnasia Rítmica como atractivo turístico deportivo

  • Reunirá medio milleiro de atletas e ximnastas de primeiro nivel de toda Europa, que participarán tamén na gala que amadriñará o sábado a olímpica Carolina Rodríguez

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

A Xunta de Galicia colabora coa celebración, esta fin de semana, do Xacobeo de Ximnasia Rítmica organizado polo Club Viravolta en Santiago de Compostela e que incluirá o II Torneo Internacional Viravolta-Jael e a III Gala Internacional coa participación de medio milleiro de deportistas de distintos lugares de España e do resto de Europa. 

O director de Turismo, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da iniciativa onde agradeceu á organización a posta en marcha deste torneo "que reunirá en Santiago un número importante de persoas que proceden de distintos lugares e que, ademais de gozar da competición deportiva, poderán coñecer e gozar tamén do destino Galicia". 

Neste sentido, recordou que o apoio da Xunta de Galicia a este encontro enmárcase no compromiso de apoiar propostas que consigan diversificar a oferta turística e sumar atractivos para dar a coñecer a comunidade en distintos públicos e mercados.  

O Xacobeo de Ximnasia Rítmica inclúe a celebración o sábado e o domingo do II Torneo Internacional Viravolta-Jael no Multiusos Fontes do Sar que contará coa participación de 40 clubs e 350 participantes o sábado e un cento o domingo. Celebrarase competicións individuais femininas e masculinas, así como competicións de conxunto e de base. 

Ademais, ximnastas de primeiro nivel de toda Europa participarán na Gala Internacional amadriñada pola olímpica española Carolina Rodríguez o sábado ás 17,30 horas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
19981 {"title":"La Xunta impulsa el torneo internacional Xacobeo de Ximnasia Rítmica como atractivo turístico deportivo","published_date":"2023-11-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"19981"} galicia Axencia de Turismo de Galicia,deporte,Turismo https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-11-13/19981-xunta-impulsa-torneo-internacional-xacobeo-ximnasia-ritmica-como-atractivo-turistico-deportivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.