La Xunta colaborará en la gala benéfica de la asociación Asem Galicia en Vigo

Imagen del artículo La Xunta colaborará en la gala benéfica de la asociación Asem Galicia en Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres no Centro Vialia o evento que se celebrará o vindeiro 15 de novembro con motivo do “Día das enfermidades neuromusculares”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na presentación da gala benéfica de Asem Galicia (Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares) que se celebrará o vindeiro 15 de novembro (19:00 horas) no Centro Vialia. A representante autonómica acudiu ao acto de posta de largo na planta baixa do centro comercial, onde destacou a colaboración do Goberno galego "co obxectivo de visibilizar as enfermidades neuromusculares".

Na presentación, a delegada da Xunta estivo acompañada polo director de Vialia, Juan Louro; o presidente de Asem Galicia, Manuel Rego; e polo actor Carlos Veleiro, que será o encargado de presentar a gala. O evento terá entrada gratuíta e no espectáculo participarán o músico Xulio Lorenzo, as escolas de danza Miriam Pino e Ldanzia, o mago Jorge Lorenzo e as polifacéticas Girls Gang.

Asem Galicia forma parte dunha ampla rede estendida por todo o territorio nacional que forman 22 asociacións de pacientes que traballan día a día para mellorar a situación das persoas afectadas e das súas familias. O seu principal obxectivo é contribuír a mellorar o benestar deste colectivo, así como difundir, sensibilizar e facilitar información sobre a realidade e as necesidades específicas que teñen as persoas con este tipo de doenzas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
19933 {"title":"La Xunta colaborará en la gala benéfica de la asociación Asem Galicia en Vigo","published_date":"2023-11-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/image\/image_gallery?img_id=2016395","id":"19933"} galicia Benestar,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-11-10/19933-xunta-colaborara-gala-benefica-asociacion-asem-galicia-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.