El delegado territorial de la Xunta en Ourense visita el IES García Barbón, en Verín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial interesouse polos novos ciclos formativos ‘Aceites de oliva e viños’ , ‘Automoción’ e ‘Hixiene bucodental’, que tiveron moi boa acollida polo alumnado
  • Gabriel Alén subliñou a Xunta vai seguir reforzando a Formación Profesional en Galicia coa a ampliación do número de ciclos, ofrecendo máis recursos económicos e flexibilizando os criterios para cursalos
  • “Así o fixemos co Plan Conecta FP da Xunta –engadiu o delegado territorial- para crear en dous anos 9.500 novas prazas de FP, tendo en conta a opinión de docentes, representantes de firmas empresariais e de centros educativos, en consonancia coas necesidades do tecido produtivo da zona”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao IES García Barbón, en Verín para interesarse polo funcionamento do ciclo formativo 'Aceites de oliva e viños' que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades implantou este curso atendendo ás demandas do territorio, neste caso, agrícola e cunha importante implantación vitivinícola; un sector estratéxico que ofrece un produto de altísima calidade e moi demandado no mercado tanto nacional como internacional.

O delegado territorial explicou que este ciclo, que é unha realidade grazas á implicación das diferentes empresas locais ás que agradeceu a súa colaboración, súmase aos de 'Automoción' e 'Hixiene bucodental' que se están a impartir neste centro con moi boa acollida polo alumnado. Deste xeito, destacou Gabriel Alén que "despois de analizar as necesidades do tecido produtivo da zona deseñamos unha oferta de ciclos e másteres de FP para os vindeiros cursos que permite darlle resposta ás demandas das empresas e, deste xeito, mellorar a empregabilidade dos titulados".

"Así o fixemos co Plan Conecta FP da Xunta -engadiu o delegado territorial- para crear en dous anos 9.500 novas prazas de FP, tendo en conta a opinión de docentes, representantes de firmas empresariais e de centros educativos, en consonancia coas necesidades do tecido produtivo da zona".

O obxectivo deste plan é formar profesionais cualificados que dean maior e mellor resposta ás necesidades das empresas favorezan a súa competitividade, así como a confianza da industria na FP. Isto redundará, ademais, nunha maior empregabilidade da poboación nova.

O delegado territorial subliñou a Xunta vai seguir reforzando a Formación Profesional en Galicia coa a ampliación do número de ciclos, ofrecendo máis recursos económicos e flexibilizando os criterios para cursalos. Así, explicou que neste curso o alumnado poido escoller entre 28 ensinanzas diferentes de FP dual, das que 17 son de nova implantación nos seus respectivos centros en 12 centros da provincia de Ourense, ademais de tres cursos de especialización.

Deste xeito, Gabriel Alén detallou os novos graos en Farmacia e parafarmacia e Intelixencia artificial e big data no CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel; o de Automoción e Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos no IES Universidade Laboral; o de Aceites de oliva e viños, Automoción e Hixiene bucodental no IES García Barbón; o de Robótica colaborativa no IES Manuel Chamoso Lamas; o de Axencias de viaxes e xestión de eventos e Ensinanza e animación sociodeportiva e oferta parcial de acondicionamento físico no CIFP A Farixa; o de Automoción no IES O Ribeiro; o de Dirección de cociña e oferta parcial de Produción Agroecolóxica no CIFP de Vilamarín; o de Xestión administrativa no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro; o de Formación para a mobilidade segura e sustentable no CIFP Portovello.

En resumo, "unha formación que ten vantaxes en materia de formación, innovación e inserción laboral e que se caracteriza pola súa calidade, dinamismo e empregabilidade"; sentenciou o delegado territorial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
18730 {"title":"El delegado territorial de la Xunta en Ourense visita el IES García Barbón, en Verín","published_date":"2023-09-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/45008-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"18730"} galicia Cultura,Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-09-29/18730-delegado-territorial-xunta-ourense-visita-ies-garcia-barbon-verin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.