Lorenzana asiste en Portamérica al showcooking de Yayo Daporta en colaboración con Galicia Calidade

  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, destacou esta iniciativa que permite achegar a calidade, excelencia e posibilidades dos produtos galegos a todos os asistentes ao festival

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe ao showcooking que o chef Yayo Daporta ofreceu no marco da undécima edición de Portamérica en colaboración con Galicia Calidade, que conta cun espazo propio no festival no que se están realizando catas e actividades por parte das empresas certificadas. Lorenzana destacou esta iniciativa que permite achegar a calidade, excelencia e posibilidades dos produtos galegos a todos os asistentes ao festival.

En concreto, Yayo Daporta fixo un total de oito elaboracións con produtos de Galicia Calidade. Un menú composto por tartar de navallas en conserva, paté de mariscos e algas Yayo Daporta con mexillón ao natural, sardiñas de San Xoán, fabas de Lourenzá estufadas con pilpil de polbo á galega, merluza de Celeiro crocante con emulsión de pementos de Herbón, canelón de polo gratinado con queixo San Simón, corte de queixo de Arzúa e marmelo con marmelada de pementos e perlas de pementón de Herbón.

As empresas que participan nesta iniciativa son Cabo de Peñas, Mariscos Alumar, Jealsa-Rianxeira, Terras da Mariña, Rosa de los Vientos, Merluza de Celeiro, A Pementeira e Grupo Sada. Ademais están presentes os viños de Gran Bazán, Vía Romana e Terriña así como Estrella Galicia e Cabreiroá.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17130 {"title":"Lorenzana asiste en Portamérica al showcooking de Yayo Daporta en colaboración con Galicia Calidade","published_date":"2023-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"17130"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación,Cultura,Economía,Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-07-15/17130-lorenzana-asiste-portamerica-showcooking-yayo-daporta-colaboracion-galicia-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.