La Xunta abre la convocatoria para participar en el III Foro Profesional de Instrumentos Musicais de Tui Resonancias 23

  • O encontro celebrarase os días 2 e 3 de agosto no marco da XVII edición do festival Música no Claustro e estará centrado na construción artesanal de instrumentos musicais, con especial atención ao emprego de madeiras galegas nestes oficios
  • Contará coa participación de luthieres de Artesanía de Galicia, músicos, investigadores e expertos en música, artesanía e patrimonio

A Consellería de Economía, Industria e Innovación impulsa a terceira edición do Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 23, que se vai celebrar os días 2 e 3 de agosto no Claustro da Catedral de Tui, no marco do festival Música no Claustro. O evento, que como en ocasións anteriores está comisariado polo músico e investigador Samuel Diz, estará centrado na construción artesanal de instrumentos musicais, con especial atención ao emprego de madeiras galegas nestes oficios, e contará coa participación de lutieres de Artesanía de Galicia, músicos, investigadores e expertos en música, artesanía e patrimonio.

As inscricións para Resonancias 23 están xa abertas na páxina web da Fundación Artesanía de Galicia, onde pode consultarse o programa completo. O prezo para o público xeral é de 40€ e o custo está reducido para artesás e artesáns que formen parte do Rexistro Xeral de artesanía de Galicia, que será de 20€. A programación deste ano abrirase o mércores 2 de agosto ás 10:00 horas coa conversa maxistral de Gerhard Grenzing, autor do órgano da Catedral de Tui. O programa inclúe mesas redondas, talleres prácticos, presentacións e visitas profesionais, incluíndo o obradoiro artesanal Campás Ocampo (Caldas de Reis), unha fundición con 400 anos de traxectoria.

O Foro Resonancias 23 está apoiado pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Artesanía de Galicia, co obxectivo de achegar a profesionalización e a divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico, de impulsar a investigación e a innovación no ámbito dos instrumentos musicais e de xerar un espazo de intercambio e coñecemento e de creación de sinerxías neste oficio. A deste ano é a oitava edición consecutiva do festival que conta coa colaboración da Xunta para promover a incorporación dos oficios artesáns galegos dentro da programación deste evento musical que é xa unha cita consolidada e de referencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17061 {"title":"La Xunta abre la convocatoria para participar en el III Foro Profesional de Instrumentos Musicais de Tui Resonancias 23","published_date":"2023-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"17061"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación,Economía https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-07-13/17061-xunta-abre-convocatoria-participar-iii-foro-profesional-instrumentos-musicais-tui-resonancias-23 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.