La empresa de Palas de Rei Ecocentro recibe la certificación de Galicia Calidade

Imagen del artículo La empresa de Palas de Rei Ecocentro recibe la certificación de Galicia Calidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, entregoulles hoxe o certificado aos responsables da compañía, que produce ovos campeiros

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe en Palas de Rei (Lugo) a empresa Ecocentro, para facer entrega aos responsables da compañía da certificación que acredita a posesión do selo de garantía para os seus produtos.

A responsable do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación sinalou que este certificado lles permitirá incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

Ecocentro, con máis de 30 anos de traxectoria, produce ovos campeiros ao estilo tradicional, que comercializa baixo a marca Huevo de la Abuela, Ovo da Avoa. Nesta xuntanza a responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso coa sustentabilidade" desta compañía, que dispón dun centro de clasificación propio cos máis modernos sistemas de control de calidade, utiliza enerxías renovables e evita empregar plásticos nos seus procesos.

Neste centro envasan máis de 6 millóns de ducias de ovo ao ano. Producen 60.000 ducias semanais de ovo campeiro e 7.000 ducias semanais de ovo ecolóxico, aínda que o seu centro ten capacidade de envasado de 420.000 ducias semanais para ampliacións previstas de produción que xa teñen en proxecto.

Galicia Calidade é a marca que certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 150 empresas adheridas, con máis de 780 produtos ou servizos avalados que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
17051 {"title":"La empresa de Palas de Rei Ecocentro recibe la certificación de Galicia Calidade","published_date":"2023-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/1971786.webp","id":"17051"} galicia Consellería de Economía, Industria e Innovación,Economía https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-07-13/17051-empresa-palas-rei-ecocentro-recibe-certificacion-galicia-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.