Xosé Merelles destaca la importancia de la ruta Traslatio para impulsar a Galicia como destino turístico náutico

  • A ruta Traslatio trátase dunha das dez rutas xacobeas oficialmente recoñecidas e a única que existe polo mar, rematando cun remonte polo río Ulla
  • A Xunta ten en marcha un proxecto que conta con 1,3 millóns de euros para dotar de novos recursos e infraestruturas aos portos deportivos e club náuticos vinculados á Ruta
  • Forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, O Grove, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Boiro, Pobra do Caramiñal e Rianxo
  • O proxecto está incluído no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo Next Generation

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou no acto previo á celebración da XXXVII edición do remonte conmemorativo da Traslatio, onde indicou a importancia desta ruta para impulsar a Galicia como destino turístico náutico.

 

Merelles lembrou que a Xunta ten asinado un convenio coa Asociación de Clubes Náuticos de Galicia para a promoción da Ruta Traslatio, que no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo Next Generation, destina a este proxecto 1,3 millóns de euros, co obxectivo de impulsar a Galicia como destino turístico náutico.

 

O convenio ten como obxecto revalorizar os activos turísticos vinculados á Ruta Traslatio, con accións de mellora da eficiencia das infraestruturas portuarias, rehabilitación de infraestruturas e a dixitalización de recursos para optimizar a experiencia do visitante náutico a Galicia. Forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, O Grove, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Boiro, Pobra do Caramiñal e Rianxo.

 

Trátase dunha aposta por revalorizar os activos turísticos, levando adiante accións que permitan mellorar a experiencia dos usuarios ao tempo que melloramos a eficiencia das infraestruturas portuarias, rehabilitamos estruturas e poñemos en valor medioambiental e patrimonialmente os recursos turísticos cos que conta o trazado polo que discorre esta ruta xacobea única.

 

"Dende a Xunta temos moi clara a importancia que ano tras ano está collendo o turismo náutico e queremos facer de Galicia unha potencia turística para o sector náutico", indicou o director de Turismo.

 

Ruta Traslatio

A ruta Traslatio trátase dunha das dez rutas xacobeas oficialmente recoñecidas e a única que existe polo mar, rematando cun remonte polo río Ulla co que se conmemora a chegada a Galicia, por mar do corpo do apóstolo Santiago. Os portos de Ribeira e do Grove marcan a entrada á ría de Arousa, por cuxas augas navegou a barca do apóstolo as súas últimas millas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
16952 {"title":"Xosé Merelles destaca la importancia de la ruta Traslatio para impulsar a Galicia como destino turístico náutico","published_date":"2023-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"16952"} galicia Axencia de Turismo de Galicia,Economía,Turismo https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-07-08/16952-xose-merelles-destaca-importancia-ruta-traslatio-impulsar-galicia-como-destino-turistico-nautico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.