A Xunta inicia as obras no Muíño do Qquinto e no parque de San Martiño de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións cun investimento de case 650.000 €

Imagen del artículo A Xunta inicia as obras no Muíño do Qquinto e no parque de San Martiño de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións cun investimento de case 650.000 €

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Prevese a execución dun ‘by-pass’ no río Anllóns na contorna do Muíño do Quinto para a mellora da súa capacidade hidráulica, ademais da remodelación integral do parque de San Martiño coa construción de motas de protección fronte ás avenidas
  • Estas intervencións forman parte do convenio de colaboración entre Xunta e Concello de Carballo para desenvolver o Plan de xestión desta área de risco potencial de asolagamento, cun investimento total de 6,3 M€
  • En todos os casos búscase a naturalización do leito do río e desenvólvense infraestruturas verdes

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comezar as obras no Muíño do Quinto e no parque de San Martiño de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións do río Anllóns cun investimento de case 650.000 euros.

As actuacións que se inician céntrase na mellora da capacidade hidráulica do río na contorna do Muíño do Quinto, cun prazo de execución de 6 meses, e na remodelación integral do parque San Martiño, cun período de obras de 3 meses.

En concreto, executarase un 'by-pass' no río Anllóns na contorna do Muíño do Quinto para  permitir a apertura dunha canle trapezoidal pola que derivar caudal en períodos de avenida. Para iso, deseñouse unha rasante lixeiramente elevada con respecto á canle para que circule a auga en caso de desbordamento.

Para levar a cabo esta actuación crearase un paso transversal da auga baixo a calzada que atravesa a canle, que se resolverá coa execución in situ dun marco de formigón armado. Dado que a senda fluvial tamén se verá afectada pola apertura da canle, está prevista a construción dunha pasarela de madeira de 10 metros de luz que dea continuidade ao trazado.

Ademais están a comezar tamén as obras da remodelación integral do parque San Martiño, coa construción de motas de protección fronte ás avenidas. Neste caso, os traballos comprenderán actuacións en tres zonas diferenciadas: a primeira, augas abaixo da ponte da rúa Sol; a segunda, no propio parque de San Martiño, bordeando a rúa San Ramón e terminando na ponte da rúa Iglesia; e a terceira, entre o parque de San Martiño -ponte da rúa Iglesia- e a ponte da rúa Fomento.  

Plan de xestión da área de risco de inundación do río Anllóns

Estas dúas obras forma parte das actuacións do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Carballo, para a execución das obras identificadas como prioritarias no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación deste río, cun investimento total de 6,3 M€.

A estas intervencións, sumaranse as obras xa licitadas de remodelación da ponte da rúa Fomento, a da mellora no río Anllóns ao paso pola Cepeira, en Sísamo, e a de remodelación de ponte e creación dun leito de augas altas na rúa Sol. 

Todas as actuacións apostan pola naturalización do leito do río e polas infraestruturas verdes, fronte a solucións máis duras baseadas en intervencións que afastan aínda máis os ríos do seu estado natural. 

No que se refire aos compromisos das administracións recollidos no citado convenio, a Xunta é a encargada da redacción dos proxectos e de executar as obras correspondentes ata completar a súa finalización.  

Pola súa banda, o Concello de Carballo asume a posta á disposición dos terreos necesarios para o inicio das obras e a realización das xestións pertinentes; así como a obriga de recibir as actuacións e levar a cabo o seu mantemento e conservación.  

As actuacións contan con financiación da Unión Europea a través do fondo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020  e o programa Galicia Feder 2021-2027.

A Xunta mantén a cooperación entre todas as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ás inundacións e acadar unha máis rápida recuperación fronte ás súas posibles consecuencias, tendo en conta o contexto de cambio climático.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
15261 {"title":"A Xunta inicia as obras no Muíño do Qquinto e no parque de San Martiño de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións cun investimento de case 650.000 €","published_date":"2023-05-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/1942301.webp","id":"15261"} galicia C. de Infraestruturas e Mobilidade,Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-05-02/15261-xunta-inicia-as-obras-muino-do-qquinto-e-parque-san-martino-carballo-destinadas-reducir-risco-inundacions-cun-investimento-case-650-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.