Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Inicio da tramitación: 06/12/2023

Obxecto:

o anteproxecto ten dúas finalidades principais. Por unha banda, dar seguridade á cidadanía e ás empresas sobre as que se vai garantir un uso seguro e ético da Intelixencia Artificial (IA) e, por outra, atraer investimentos vencellados a este eido. Garante que un ser humano supervise os procedementos en que se empregue a intelixencia artificial sempre que o requiran. Ademais, os sistemas de IA empregados no sector público autonómico deberán ser auditables, rastrexables e entendidos por todas as persoas e estarán accesibles nun rexistro público, que recollerá toda a información do seu ciclo de vida, desde o deseño ata a desactivación. O emprego da IA estará orientado a ofrecer unha atención personalizada á cidadanía que teña en conta as circunstancias e necesidades de cada persoal.

Tamén recolle a creación do comisionado en IA, que será o encargado de velar polos intereses da cidadanía e polos valores éticos dos sistemas. Os proxectos de IA serán seguidos pola Oficina de Intelixencia Artificial, de nova creación. Establécese así mesmo a creación do Consello Galego de Intelixencia Artificial, como foro estratéxico formado por membros da Administración autonómica, as universidades, os colexios profesionais e o sector tecnolóxico.

O anteproxecto recollerá tamén unha serie de medidas para consolidar a Galicia como rexión de referencia en Europa de IA, contando cunha serie de apoios económicos específicos para as empresas tecnolóxicas que fomenten o seu desenvolvemento, fomentando o investimento empresarial en solucións de intelixencia artificial e fondos de apoio á I+D+i neste ámbito, e impulsando programas de apoio á formación do tecido produtivo.

Estado actual: En prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 09/07/2024 - 31/07/2024

Suxestións recibidas: 1

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
320707 {"title":"Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"draft_laws","category_text":"Información pública","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"320707"} galicia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,Consellería de Facenda e Administración Pública - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/draft_laws/2024-07-09/320707-anteproxecto-lei-desenvolvemento-e-impulso-da-intelixencia-artificial-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.