Proxecto de orde pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Inicio da tramitación: 02/04/2024
modificar o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, a fin de recoller de xeito completo e ordenado todas as categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia que son susceptibles de ser sometidas aos procesos de funcionarización.
Por unha parte, introdúcense novas equivalencias para a funcionarización do persoal das categorías III-07, III-08, III-09, III-23, III-60, III-64 e III-67 para engadir a escala técnica de mantemento de servizos e a escala técnica de recursos naturais e forestais, o que permitirá recoller de maneira mais axeitada as equivalencias en base ás funcións realizadas.
Así mesmo, permitirase que o persoal Categoría III-99 Coidador/a, que posúa a titulación necesaria para o acceso á escala de auxiliares de clínica, poida optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2) ou na escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2).
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 10/06/2024