Decreto polo que se establecen os prezos públicos pola prestación de servizos realizados polo Servizo de Gardacostas de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 26/07/2024 - 31/08/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Mediante o Decreto 130/2012, do 31 de maio, establecéronse prezos públicos polos servizos de rescate prestados pola Consellería do Mar, por medio do Servizo de Gardacostas de Galicia, de conformidade coas normas e supostos de feito reflectidos no citado decreto.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    O tempo transcorrido desde a entrada en vigor do Decreto 130/2012, do 31 de maio, ten permitido constatar que moitas das continxencias que motivan a intervención e utilización dos medios do Servizo de Gardacostas de Galicia, como, entre outras, as relacionadas coas actividades de prevención e loita contra a contaminación mariña, ocasionan unha serie de gastos que non se poden repercurtir ao non estar incluídos dentro dos supostos de feito previstos na norma actual, problema que a nova norma pretente solucionar delimitando unicamente as actividades que deben quedar excluídas do seu ámbito de aplicación.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia dispón que os prezos públicos serán fixados por decreto, a proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente. Resulta, pois, necesario por parte da Consellería do Mar acometer un novo decreto no que, ademais de delimitar os supostos que deben quedar excluídos do seu ámbito de aplicación, se establezan os novos prezos que cubran os gastos derivados da prestación de servizos por parte do Servizo de Gardacostas de Galicia, tendo en conta, ademais, o incremento de custos producidos desde a aprobación da norma anterior.

  • Obxectivos:

    O proxecto de decreto ten por obxectivo a fixación dos prezos públicos a satisfacer como consecuencia dos servizos prestados polos medios do Servizo de Gardacostas de Galicia, delimitando os supostos de feito que deben quedar excluídos do seu abono.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Tratándose dun proxecto normativo que deroga un decreto, considérase que non existe outra opción que a publicación dun regulamento do mesmo rango xurídico que as normas que vai substituír.

  • Rango da norma:

    Decreto

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
352265 {"title":"Decreto polo que se establecen os prezos públicos pola prestación de servizos realizados polo Servizo de Gardacostas de Galicia","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"352265"} galicia Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica,Secretaría Xeral Técnica https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-07-26/352265-decreto-polo-se-establecen-os-prezos-publicos-pola-prestacion-servizos-realizados-polo-servizo-gardacostas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.