Decreto polo que se regulan as condicións e os requisitos para a entrega de medicamentos e produtos sanitarios en supostos especiais

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Departamento: Consellería de Sanidade - C. de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 09/07/2024 - 23/07/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O artigo 7 da Lei 3/2019, do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia establece os supostos especiais de entrega de medicamentos e produtos sanitarios, contemplando no art. 7.1 de forma excepcional, a dispensación dos mesmos a través dunha entrega informada no domicilio de persoas usuarias que residan en zonas rurais illadas ou sexan dependentes, cunhas características e necesidades asistenciais específicas, e nas que que concorran perda de autonomía funcional e necesidade de coidados por enfermidades crónicas.  Esta entrega deberá ser realizada por unha das cinco oficinas de farmacia máis próximas ao domicilio do/da paciente dentro da zona farmacéutica ou, por expresa decisión do/da paciente, por outra oficina de farmacia da mesma área de referencia do punto de atención continuada, de tal forma que sempre se cumprirán estritamente as garantías sobre calidade e control sanitario para calquera destas entregas, para o que se incorporarán os métodos ou sistemas de control necesarios, que haberán de contemplarse regulamentariamente.
     
    De igual maneira, con carácter excepcional e nos supostos que se determinen, devandito precepto contempla a través do art. 7.2, a posibilidade de que os servizos de farmacia hospitalaria correspondentes poidan realizar a entrega informada no lugar de residencia das persoas usuarias daqueles medicamentos cuxa dispensación estea restrinxida unicamente ao ámbito hospitalario de acordo con a normativa estatal vixente, entrega na que poderán colaborar as oficinas de farmacia da zona. 
     
    Neste mesmo sentido, o marco regulatorio nacional, a través do artigo 3 do Real Decreto Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, engadiu un apartado 8 para contemplar que os órganos ou autoridades competentes das comunidades autónomas poderán establecer medidas para a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios en modalidade non presencial, garantindo unha atención óptima coa entrega, se procede, dos medicamentos en establecementos sanitarios autorizados para a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios próximos ao domicilio do paciente ou no seu propio domicilio cando concorran circunstancias sanitarias excepcionais ou cando a situación clínica de dependencia, vulnerabilidade, risco ou distancia física do paciente aos servizos de farmacia dos hospitais o requira.
  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Con este desenvolvemento normativo preténdese que a Administracion dea unha resposta adecuada para asegurar a continuidade asistencial a pacientes que, por residir en en zonas rurais illadas ou ser dependentes, cunhas características e necesidades asistenciais específicas, con perda de autonomía funcional e necesidade de coidados por enfermidades crónicas, non poidan desprazarse ao hospital ou á oficina de farmacia a que lle dispensen os seus medicamentos.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Este proxecto de decreto responde á necesidade de establecer normativamente as condicións e os requisitos aos que se teña que axustar esa entrega informada de medicamentos e produtos sanitarios, facendo así efectiva a posibilidade contemplada na nosa Lei de ordenación farmacéutica, a cal redundará claramente en beneficio dos/as pacientes e persoas usuarias, que poderán beneficiarse desta entrega nos supostos que regulamentariamente se determinen, mellorando así substancialmente o servizo prestado desde os servizos de farmacia hospitalarios e as oficinas de farmacia.

  • Obxectivos:

    O obxectivo do decreto que se pretende aprobar é regular as condicións e os requisitos para realizar a entrega informada de medicamentos e produtos sanitarios en establecementos sanitarios autorizados para a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios próximos ao domicilio do paciente ou no seu propio domicilio cando concorran circunstancias sanitarias excepcionais ou cando a situación clínica de dependencia, vulnerabilidade, risco ou distancia física do paciente aos servizos de farmacia dos hospitais ou ás oficinas de farmacia o requira. 

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Considérase que o decreto proxectado é o instrumento idóneo para dar resposta á necesidade identificada, dado que a aprobación de un decreto regulador desta materia deriva do mandato legal contido no art. 7 da citada Lei 3/2019, de 2 de xullo.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 2

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
320703 {"title":"Decreto polo que se regulan as condicións e os requisitos para a entrega de medicamentos e produtos sanitarios en supostos especiais","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"320703"} galicia Consellería de Sanidade - C. de Sanidade - Servizo Galego de Saúde,Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-07-09/320703-decreto-polo-se-regulan-as-condicions-e-os-requisitos-entrega-medicamentos-e-produtos-sanitarios-supostos-especiais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.