Decreto polo que se desenvolve a Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, no relativo aos seguros obrigatorios ligados á práctica deportiva

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte

Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Secretaría Xeral para o Deporte

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 02/07/2024 - 23/07/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O 13 de abril publicouse no DOG a Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte en Galicia, onde se recolle, entre outras previsións, a obrigatoriedade de contar con distintos seguros no ámbito deportivo, dada a existencia obxectiva de máis riscos para os practicantes, e dada tamén a maior frecuencia onde se poden materializar os riscos xa existentes.

    Doce anos despois e á vista do prioritario tratamento que merece esta materia, convén que a Administración deportiva entre a regular o detalle da cobertura destes riscos derivados da práctica de actividade física e deportiva en Galicia, e xa previstos na norma legal do deporte galego.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Este decreto pretende desenvolver regulamentariamente, en consonancia co establecido na Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte en Galicia, principalmente nos artigos 21, 22, 23 e 28, a obrigatoriedade de contar con distintos seguros no ámbito da práctica deportiva e de actividade física en Galicia, ao fin de cubrir os riscos derivados das mesmas, dando a máxima seguridade a deportistas e outros practicantes.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Coa entrada en vigor da Lei 39/2022, de 30 de decembro, do Deporte do Estado, e as súas novas previsións respecto do seguro obrigatorio de saúde das persoas deportistas federadas que participen en competicións oficiais de ámbito estatal, faise necesario desenvolver as previsións da Lei autonómica ao fin de evitar as posibles incidencias negativas que se derivarían da ausencia de normativa e previsións propias para as competicións de ámbito autonómico galego.

  • Obxectivos:

    Desenvolver a Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte en Galicia no relativo aos seguros ligados á práctica deportiva.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    É necesaria a tramitación deste decreto para a adecuación do mandato fixado no Estatuto de Autonomía mais a devandita lei. 

  • Rango da norma:

    Decreto

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
320704 {"title":"Decreto polo que se desenvolve a Lei 3\/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, no relativo aos seguros obrigatorios ligados á práctica deportiva","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"320704"} galicia Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Secretaría Xeral para o Deporte,Secretaría Xeral para o Deporte https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-07-02/320704-decreto-polo-se-desenvolve-lei-3-2012-2-abril-do-deporte-galicia-relativo-aos-seguros-obrigatorios-ligados-practica-deportiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.