Lei de administración ambiental simplificada de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 25/06/2024 - 02/09/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia foi no seu momento unha referencia no ámbito do Dereito Ambiental autonómico que viu modificacións no seu contido operadas polas leis 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia; Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia.

    Desde o ano 1995 tamén se aprobaron leis a nivel estatal en materia ambiental, así a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, que foi modificada pola Lei 9/2018. 

    No ámbito comunitario destacan as normas (e recomendacións) sobre aceleración do despregamento das enerxías renovables con impacto nos procedementos de avaliación de impacto ambiental:

    • Recomendación (UE) 2022/822, do 18 de maio de 2022, sobre a aceleración dos procedementos de concesión de permisos para os proxectos de enerxías renovables
    • Regulamento 2022/2577/UE, do 22 de decembro, para acelerar o despregamento de enerxías renovables
    • Directiva 2023/2413 (modifica D2018/2001, R2018/1999 e D98/70/CE), sobre a promoción da enerxía procedente de fontes renovables
    • Regulamento 2024/233 do Consello, do 22 de decembro de 2023, que modifica o Regulamento 2022/2577/UE, do 22 de decembro
    • Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais, con incidencia directa no sector industrial de Galicia

     

    Igualmente, no ámbito autonómico galego, a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    • A existencia dunha dispersión regulatoria no Dereito autonómico, con relación ao réxime de prevención e control das actividades económicas de diferente natureza, que afecta particularmente ao réxime de avaliación de impacto ambiental.
    • Ausencia dunha norma única e integrada na comunidade autónoma, que recolla, de forma integrada, os desenvolvementos autonómicos necesarios das técnicas de intervención administrativa máis relevantes (autorización ambiental integrada, avaliación de impacto ambiental de proxectos etc.) e o modelo de intervención administrativa para pequenas actividades (comunicación previa e incidencia ambiental).
    • Conveniencia de adaptar a Lei autonómica aos estándares da lexislación autonómica máis recente, cun enfoque centrado en simplificar e facilitar a xestión administrativa dos procedementos de avaliación e autorización.
    • Necesidade de identificar e liquidar as causas de inseguridade xurídica en materia ambiental para o desenvolvemento de actividades económicas na comunidade.
    • Valorar os eventuais desacoplamentos entre a normativa comunitaria e autonómica, coa finalidade de limitar os riscos xurídicos que poidan afectar á posta en marcha das actividades económicas que superen os procedementos ambientais de avaliación e autorización.
    • Revisar o desenvolvemento regulamentario da Lei 1/1995 vinculado coas actividades económicas para garantir a súa coherencia co marco xeral.
  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Tras 29 anos de aplicación, é necesario revisar o marco normativo da protección ambiental en Galicia para articular os instrumentos de prevención e control de actividades económicas, de acordo cos novos retos sociais e ambientais e o marco regulatorio comunitario e estatal, garantindo os estándares de protección ambiental da UE e outorgando seguridade xurídica aos actores públicos e privados implicados na súa execución.

    A oportunidade da súa aprobación xustifícase polos obxectivos do Pacto Verde da UE, que pon no centro das políticas de desenvolvemento socioeconómico os obxectivos de transición ecolóxica, e as novidades políticas e regulatorias en materia de avaliación e ordenación das actividades económicas.

  • Obxectivos:

    Esta lei persegue alcanzar os seguintes obxectivos:

    • Substituír a Lei 1/1995 por unha nova Lei de prevención e control ambiental de Galicia que sistematice, actualice e integre as técnicas de prevención ambiental.
    • Revisar a definición dos instrumentos de prevención e control ambiental que actualice o réxime dalgúns xa existentes.
    • Articular as esixencias da lexislación sectorial ambiental cos procedementos de concesión da autorización ambiental integrada e a esixencia de comunicación previa.
    • Integrar e coordinar as esixencias procedementais e autorizatorias da lexislación de patrimonio das Administracións públicas ou outras normas sectoriais, cos procedementos de autorización e avaliación ambiental.
    • Regulación integrada e coordinada de todos os instrumentos preventivos de autorización e avaliación de proxectos.
    • Desenvolver unha norma de cabeceira de ordenación ambiental das actividades económicas na comunidade, centrada nas tendencias de mellora regulatoria e a eliminación de duplicidades innecesarias e de incoherencias na intervención administrativa.
    • Outorgar seguridade xurídica necesaria para Administracións e operadores económicos.  
    • Promover a coordinación e a colaboración entre as Administracións públicas con competencias concorrentes en materia de control de actividades económicas.
    • Clarificar os procedementos e, no seu caso, reducir as eventuais procedementais administrativas innecesarias, de acordo coas actuacións comunitarias e estatais, sen diminución do nivel de protección ambiental.
    • Completar as previsións básicas do Estado para dar seguridade xurídica ás Administracións públicas e ás actividades económicas, para facelas máis funcionais e operativas e para adaptalas ás particularidades ambientais e socioeconómicas de Galicia.
    • Definir con maior claridade os límites e posibilidades para o desenvolvemento de actividades económicas con incidencia ambiental.
    • Adaptar, na medida do necesario, o marco normativo autonómico ás novas tendencias da normativa comunitaria.
    • Mellorar a coordinación dos procedementos de avaliación e autorización ambiental, con outras autorizacións ou concesións non ambientais pero imprescindibles para a posta en marcha de actividades.
    • Valorar a conveniencia de regulación integrada dos instrumentos de económicos e de xestión, que identifique os mecanismos deste tipo e que permita manter, se se considera pertinente en atención á experiencia adquirida na súa aplicación, instrumentos xa existentes no noso ordenamento ambiental, como o pacto ou a fianza ambiental, ou poñer o acento no papel doutros complementarios das técnicas de intervención, como os sistemas de xestión ambiental.
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    • A solución máis adecuada é a de contar cunha norma de rango legal que reúna nun só texto os máis importantes instrumentos preventivos e de control ambiental.
    • Manter o statu quo de adaptación progresiva da normativa básica do Estado (a resultante da transposición das normas da Unión Europea).
    • Establecemento de instrucións internas para a xestión interna dos procedementos na Xunta de Galicia, e de guías orientadoras para os operadores de actividades potencialmente contaminantes no ámbito da comunidade autónoma.

     

    Tendo en conta que a normativa vixente en materia de avaliación e intervención ambiental se fundamenta na regulación básica do Estado que, á súa vez, provén da transposición das directivas e demais normas vinculantes da Unión Europea, no momento presente, a complexidade e dispersión das normas sobre avaliación e intervención ambiental, que tamén afectan á Comunidade Autónoma de Galicia, recomenda a elaboración dunha norma que aúne, simplifique o labor e dote de maior seguridade xurídica aos operadores suxeitos ás técnicas de intervención ambiental. A alternativa sería continuar coa actual complexidade normativa.

  • Rango da norma:

    Lei

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286770 {"title":"Lei de administración ambiental simplificada de Galicia","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286770"} galicia Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático - Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade,Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-06-25/286770-lei-administracion-ambiental-simplificada-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.