Decreto polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local "Torre de Hércules", pertencente ao Concello da Coruña

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 15/06/2024 - 28/06/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Anúnciase un novo trámite de participación pública do documento base do Plan de conservación do ENIL "Torre de Hércules". Este plan será, tras a súa completa tramitación, aprobado por Decreto do Consello da Xunta. 

    O ENIL "Torre de Hércules" foi declarado de xeito provisional pola Orde de 27 de decembro de 2019 (DOG núm. 7, do 13.01.2020). A aprobación do plan é necesaria para a súa declaración definitiva.

    No momento de iniciar os trámites para a declaración deste espazo estaba en vigor a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta lei foi derrogada pola Lei 5/2019, do 2 de agosto, de patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, pero na súa disposición transitoria sétima, punto 2, establece que os procedementos administrativos en tramitación á súa entrada en vigor seguirán a tramitarse pola normativa vixente ao iniciar a súa tramitación. Por tal motivo, este plan tramítase ao abeiro da Lei 9/2001, do 21 de agosto.

    Este documento xa foi sometido ao trámite de participación pública durante un mes mediante o Anuncio do 4 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pero dado que houbo un fallo informático que impediu a súa consulta durante uns días, sométese de novo a participación.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    En relación cos problemas que pretende solucionar, o Plan de conservación, tras unha análise da situación actual do ENIL, determinará as presións e ameazas que está a sufrir o espazo.  O Plan busca a redución destas presións e ameazas a través do desenvolvemento dunha regulación de usos e actividades compatibles co mantemento nun estado de conservación favorable do espazo e o establecemento de axeitadas medidas de xestión.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A elaboración do instrumento de planificación deste espazo protexido é un deber recollido na Lei 9/2001, do 21 de agosto (de acordo coa disposición transitoria sétima, punto 2, da Lei 5/2019, do 2 de agosto, pola que se continúa coa tramitación segundo a Lei 9/2001, do 21 de agosto).

  • Obxectivos:

    Establecer o réxime de usos e de actividades permisibles e as limitacións que se consideren necesarias para a conservación do espazo protexido, así como as medidas para a conservación da xeodiversidade, dos hábitats e das especies.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A elaboración do instrumento de planificación deste espazo protexido é un deber recollido na Lei 9/2001, do 21 de agosto (de acordo coa disposición transitoria sétima, punto 2 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, pola que se continúa coa tramitación segundo a Lei 9/2001, do 21 de agosto).

  • Máis información:

    As suxestións deberán enviarse a partir do día 15 de xuño (incluído)

  • Rango da norma:

    Decreto

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
264221 {"title":"Decreto polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local \"Torre de Hércules\", pertencente ao Concello da Coruña","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"264221"} galicia Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático,Dirección Xeral de Patrimonio Natural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-06-15/264221-decreto-polo-se-aproba-plan-conservacion-do-espazo-natural-interese-local-torre-hercules-pertencente-ao-concello-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.