Decreto polo que regulan as actividades das entidades de certificación de conformidade municipal no ámbito urbanístico

Órgano ou entidade impulsora: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo - Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 15/03/2024 - 15/05/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O sistema de colaboración público-privada no desempeño de funcións públicas iniciouse hai máis de 50 anos nos ámbitos da seguridade e a calidade industrial e desenvolveuse posteriormente estendéndose a outros sectores como o control ambiental ou o urbanismo.

    Na actualidade hai moitos supostos de colaboración entre as Administracións e determinadas entidades que teñen un alto grao de especialización técnica, para poder simplificar os procedementos administrativos e optimizar o uso dos recursos públicos, sen menoscabo da seguridade xurídica.

    Así sucede no ámbito ambiental, no ámbito da seguridade e a calidade industrial, así como no ámbito do exercicio de actividades económicas, empresariais, profesionais, industriais ou comerciais. Neste último caso, e dende a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, e o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, aprobado polo Decreto 144/2016, do 22 de setembro, actúan en Galicia as chamadas "entidades de certificación de conformidade municipal" (ECCOM), que poden certificar a conformidade coa normativa aplicable no ámbito municipal das instalacións, establecementos, actividades e obras destinadas a unha actividade económica que vaian ser obxecto de comunicación previa ou de solicitude de licenza ante os Concellos, así como controlar a posteriori que funcionan adecuadamente.

    • Un paso máis na colaboración entre Administración e entidades especializadas e acreditadas foi a regulación no ámbito urbanístico da posibilidade de que entidades cunha alta especialización técnica poidan colaborar cos Concellos para facilitar que se outorguen as licenzas urbanísticas o máis axiña posible e que as comunicacións previas urbanísticas poidan producir efectos inmediatos logo da súa presentación. Con este fin, o Parlamento de Galicia aprobou dúas leis especificas que regulan a participación das ECCOM no ámbito do urbanismo con todas as cautelas xurídicas:
      • Primeiro, a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, regulou a colaboración para obter as licenzas para desenvolver solo empresarial.
      • Despois, modificouse a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a través da Lei 7/2022, do 27 de decembro, para estender a intervención das ECCOM a todas as licenzas e comunicacións que teñan por obxecto actos de edificación ou de uso do solo ou do subsolo.
    • Na nova regulación urbanística:
      • Os particulares poden presentar nos concellos, xunto coa solicitude de licenza urbanística ou a comunicación previa, unha certificación dunha ECCOM que acredite que o proxecto que se presenta é conforme coa normativa urbanística e co planeamento.
      • No caso das solicitudes de licenza, o Concello está habilitado para outorgar a licenza asumindo a certificación no prazo dun mes, sen que sexa necesario solicitar os informes dos técnicos e xurídicos municipais sobre a conformidade á legalidade urbanística.
      • No caso das comunicacións para obras menores ou a primeira ocupación de edificios, a súa presentación coa certificación da ECCOM permite realizar de maneira inmediata o acto de uso do solo ou do subsolo, sen necesidade de agardar os quince días hábiles que se prevén con carácter ordinario.
      • Dáse seguridade aos Concellos e aos particulares, dado que serán as entidades de colaboración as únicas responsables fronte ao Concello do contido das súas certificacións.
    • A Lei do solo de Galicia remite á Lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia no tocante aos requisitos técnicos, de persoal de independencia e de acreditación das entidades de colaboración urbanística. É, por tanto, unha esixencia legal que estas entidades cumpran tales requisitos e que obteñan unha acreditación específica por parte da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).
    • Cómpre clarificar que as entidades de colaboración non conceden licenzas e que son os Concellos os que as conceden. Estas entidades teñen como fin garantir técnica e administrativamente que os proxectos respectan a normativa de aplicación e o planeamento urbanístico.
  • Problemas que se pretenden solucionar:

    En relación aos problemas que pretende solucionar esta regulación trátase de axilizar, sen menoscabo da seguridade xurídica, o funcionamento no ámbito urbanístico das actuacións das entidades de certificación de conformidade municipal para así lograr unha mellora na xestión dos recursos públicos e sobre todo axilidade e inmediatez das respostas administrativas en materia de licenzas e comunicacións relativas aos actos de edificación ou de uso do chan ou do subsolo.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A regulación do funcionamento das entidades de certificación de conformidade municipal no ámbito urbanístico é necesaria en tanto que a Lei 7/2022, do 27 de decembro modificou a Lei do Solo de Galicia incorporando o artigo 146 bis, sobre solicitudes de licenza e comunicacións presentadas con certificación de conformidade, e contempla a actuación destas entidades respecto dos actos de edificación ou de uso do chan ou do subsolo, incluído o residencial. Unha vez aprobada a modificación da Lei do solo de Galicia que permite que os particulares poidan solicitar aos Concellos licenzas urbanísticas (ou comunicar obras menores ou a primeira ocupación dun edificio) coa colaboración de entidades especializadas e acreditadas, resulta necesario desenvolver a regulación legal e avanzar cara a dar seguridade xurídica aos Concellos e aos particulares.

  • Obxectivos:

    Establecer a regulación do funcionamento das entidades de certificación de conformidade municipal no ámbito urbanístico para concretar así as especificidades técnico-xurídicas propias do ámbito da intervención na edificación e uso do solo. Coa tramitación que agora se inicia preténdese dar esa seguridade xurídica:

    • Regulando de modo uniforme como deben as entidades colaboradoras expedir as certificacións de conformidade coa normativa urbanística e co planeamento para que sexan útiles aos Concellos, establecendo os modelos adecuados en función de cada tipo de actuación.
    • Regulando a documentación urbanística que deben revisar as entidades colaboradoras. Hai que ter en conta que actualmente non sempre hai unha uniformidade nos aspectos que revisa cada Concello para conceder licenzas urbanísticas e para tramitar as comunicacións previas urbanísticas, polo que tamén é un aspecto esencial.
    • Regulando un mecanismo de conformidade dos Concellos coas entidades colaboradoras, mediante o cal aqueles se comprometan a non requirir ordinariamente informes técnicos e xurídicos adicionais ás certificacións das ECCOM. Posibilitarase así que as persoas promotoras e a cidadanía en xeral coñezan os concellos nos que a actuación a través dunha ECCOM simplifica a tramitación administrativa das solicitudes da licenzas urbanísticas e das comunicacións previas neste ámbito.
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Coas previsións da Lei do solo de Galicia é precisa unha norma regulamentaria para regular a figura das entidades de certificación de conformidade municipal no ámbito urbanístico.

  • Rango da norma:

    Decreto

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22 {"title":"Decreto polo que regulan as actividades das entidades de certificación de conformidade municipal no ámbito urbanístico","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22"} galicia Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo - Secretaría Xeral Técnica,Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-03-15/22-decreto-polo-regulan-as-actividades-das-entidades-certificacion-conformidade-municipal-ambito-urbanistico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.