O talento galego protagoniza esta semana os concertos de 'Atardecer no Gaiás' con Melodiam e as tres propostas gañadoras do Xuventude Crea

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Con raíces en Pontevedra, pero afincadas en Berlín, Melodiam traen electrónica urbana para refrescar a tarde do xoves
  • O venres haberá tres actuacións diferentes para gozar do R&B de Sara Gimeno, a música contemporánea do trío Slimak e o pop alternativo de Lontras
  • O ciclo de concertos gratuítos impulsado pola Consellería de Cultura no Gaiás inclúe este ano once artistas e grupos de Galicia
Imagen del artículo O talento galego protagoniza esta semana os concertos de 'Atardecer no Gaiás' con Melodiam e as tres propostas gañadoras do Xuventude Crea
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025

Os concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás están protagonizados esta semana por catro grupos e artistas galegos de estilos e orixes diversas. O xoves día 7 de agosto subirán ao escenario da Cidade da Cultura Melodiam, un dúo formado polas pontevedresas Almudena Díaz e Carlota Vázquez que fan a súa música desde Berlín, compoñendo temas de electrónica urbana con letras vitalistas que falan de temas universais e nos que coidan ao detalle todos os aspectos da produción.

A proposta do ciclo promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o venres día 8 de agosto é tripla. Actuarán esa tarde os tres gañadores na categoría de Música da última edición do certame Xuventude Crea organizado pola Xunta de Galicia. O trío Slimak, formado por Pablo Sexto Rosende, Roi Alfonso Tojo e David Somavilla Herrera, abrirá cunha interpretación de música contemporánea na que o saxofón se mostra como actor principal e vehículo de novas posibilidades expresivas. Coas obras Panani Lost e Valse conseguiron o terceiro posto do concurso.

A canguesa Sara Gimeno, será a seguinte en subir ao escenario da Praza central da Cidade da Cultura. Unha voz fermosa e un estilo que reinterpreta de maneira moi persoal o R&B con temas como Quérote e Dans les rues de Bordeaux valéronlle o primeiro premio do Xuventude Crea no ano 2024.

Pecharán o Atardecer no Gaiás do venres Lontras (2º premio do certame), banda viguesa formada por Juan Arca (guitarra, voz), Zalo Rodríguez (sintetizadores) e Sunil López (piano). Cun imaxinario no que resoan o jazz, a música contemporánea, a electrónica e o pop alternativo, o seu directo caracterízase por deixar a porta aberta á improvisación, de maneira que cancións como Sangue no canal ou Peixe no millo non soan nunca dúas veces igual.

Os concertos darán comezo ás 21,00 horas na Praza central do Gaiás e o acceso é libre e gratuíto.

Melodiam, Slimak, Sara Gimeno e Lontras forman parte das once propostas galegas que Atardecer no Gaiás inclúe nesta décimo quinta edición, xunto con The Rapants, Eris Mackenzie, Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Mocho Gris e Kike Varela DJ. Trátase dunha programación que demostra a efervescencia creativa da escena musical do país con artistas de estilos diversos que apostan por expandir os límites de xéneros como o rap, a electrónica, o pop, o jazz, os ritmos urbanos, o rock e a música tradicional galega.

Os concertos de Atardecer no Gaiás, que rematarán o xoves 21 de agosto co orixinal e bailable electropop de Futurachicapop e a sesión especial do DJ compostelán Kike Varela, enmárcanse dentro da campaña Para gustos, cultura, unha iniciativa impulsada desde a Xunta de Galicia para encher o verán dunha oferta cultural diversa e de calidade que se desenvolve en máis de 200 concellos de Galicia con máis de 3.400 actividades de 40 tipoloxías.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/08/2025
1158424 {"title":"O talento galego protagoniza esta semana os concertos de 'Atardecer no Gaiás' con Melodiam e as tres propostas gañadoras do Xuventude Crea","published_date":"2025-08-05","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1158424"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-05/1158424-talento-galego-protagoniza-semana-os-concertos-atardecer-gaias-melodiam-e-as-tres-propostas-ganadoras-do-xuventude-crea https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.