Arias participa en Lugo na xunta local de seguridade na que se formalizou o convenio para abrir os aparcamentos dos institutos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta rematará nos vindeiros días o acondicionamento destes espazos, coa sinalización das prazas e a instalación de barreiras nos accesos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 18 de xullo de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade que se celebrou no Concello de Lugo e na que se formalizou o convenio de colaboración entre as Administracións autonómica e local que permitirá a apertura, fóra do horario lectivo, dos aparcamentos do IES Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti -neste caso, unha vez rematen as obras de rehabilitación integral que o Goberno galego está a executar no centro-. Na xuntanza participaron tamén o alcalde, Miguel Fernández; a subdelegada do Goberno, María Isabel Rodríguez; e representantes das forzas e corpos de seguridade.
A sinatura deste convenio de colaboración, que a Xunta reclamaba dende o primeiro momento, permitirá abrir os aparcamentos coa seguridade xurídica necesaria, posibilitando que a Policía Local poida intervir nestes espazos de titularidade municipal para realizar accións en materia de tráfico e seguridade viaria.
Javier Arias explicou que o Goberno galego prevé rematar "nos vindeiros días" os traballos que está realizando para acondicionar os aparcamentos, coa sinalización das prazas, a colocación de cartelería e a instalación de barreiras nos accesos, "co fin de dotar de maior comodidade aos usuarios, habilitando a entrada e a saída ao aparcadoiro por lugares diferentes".
A apertura dos aparcamentos dos IES Ollos Grandes e Lucus Augusti suporá unha mellora importante para a mobilidade en Lugo, paliando a necesidade de prazas para estacionar que se rexistra nesa zona da cidade. En total, entre os dous centros, poranse a disposición dos veciños e veciñas preto de 70 novas prazas que estarán a disposición dos veciños e veciñas durante as tardes dos días lectivos, nos días festivos e nas fins de semana.