A Xunta inviste 1,8 M€ na adquisición de equipamento robotizado para as unidades de rehabilitación do servizo galego de saúde co fin de mellorar a atención a doentes con enfermidades raras

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Esta medida enmárcase na Estratexia Galega en Enfermidades Raras 2025-2030 que vén de aprobar o Goberno galego
  • Os novos equipos permitirán realizar un tratamento máis adecuado á situación clínica e a mellora da capacidade funcional das persoas con enfermidades raras, incluída a ELA
  • Dotará de tecnoloxías innovadoras e equipamento robótico de última xeración as tres Unidades Funcionais Multidisciplinares de Enfermidades Raras e os servizos de rehabilitación de Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
  • Mellórase a accesibilidade e a comodidade para o paciente e o profesional sanitario e humanízase a atención sanitaria
Imagen del artículo A Xunta inviste 1,8 M€ na adquisición de equipamento robotizado para as unidades de rehabilitación do servizo galego de saúde co fin de mellorar a atención a doentes con enfermidades raras
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade, publicou no Portal de Contratos Públicos, a licitación do subministro de diverso equipamento con destino ás unidades de rehabilitación do Servizo Galego de Saúde para a mellora da atención sanitaria a doentes con enfermidades raras, incluída a ELA, por un importe de 1.838.958 euros.

Este proxecto enmárcase na Estratexia Galega en Enfermidades Raras 2025-2030 que vén de aprobar o Gobeno galego e conta con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea.

As empresas interesadas nesta contratación teñen de prazo ata o 4 de agosto para presentar as súas ofertas.

A presente contratación incorpora prestacións innovadoras, incluídas máquinas robotizadas de última xeración, o que garante mellorar a accesibilidade aos recursos e maior efectividade no tratamento rehabilitador destes pacientes. Ao mesmo tempo, mellórase a comodidade para o paciente e o profesional sanitario e humanízase a atención sanitaria.

Con esta licitación, o Goberno galego pretende incorporar aos Servizos de Rehabilitación dos hospitais que dispoñen de Unidades Funcionais Multidisciplinares de Enfermidades Raras (Complexos Hospitalarios Universitarios da Coruña, Santiago de Compostela e de Vigo), o seguinte equipamento: sistema de rehabilitación de marcha robótico; dispositivo de rehabilitación funcional de membro superior mediante electro-estimulación e eléctrodos multicampo; sistema de rehabilitación de equilibrio; equipo adestramento terapéutico de membros inferiores; sistema de ondas mecano-sonoras selectivas; e dispositivo de adestramento neurocognitivo para membros superiores.

Ademais, para garantir a accesibilidade aos recursos e mellorar a comodidade dos pacientes cunha enfermidade rara (incluído ELA), evitando un desprazamento innecesario á hora de recibir un adecuado tratamento rehabilitador, decidiuse a incorporación do sistema de rehabilitación de marcha robótico para os servizos de rehabilitación dos hospitais das catro áreas sanitarias restantes (Complexos Hospitalarios Universitarios de Ferrol, Ourense, e Pontevedra e Hospital Universitario de Lugo.

En definitiva, esta contratación xorde da necesidade de adquirir novos equipamentos tecnolóxicos para os Servizos de Rehabilitación que permitan realizar un tratamento rehabilitador adecuado á situación clínica e que melloren a capacidade funcional das persoas con enfermidades raras (incluída ELA).

Distribución

Tal e como se recolle na licitación, do sistema de rehabilitación de marcha robótico, mércanse sete unidades, destinadas aos Complexos Hospitalarios Universitarios da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e para o Hospital Lucus Augusti.

Do dispositivo de rehabilitación funcional de membro superior mércanse tres unidades, para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o de Santiago de Compostela e o de Vigo.

Do sistema de rehabilitación mércanse tamén tres unidades para os centros hospitalarios de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Así mesmo, tamén se mercan tres unidades para os hospitais da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo do equipo de adestramento de membros inferiores, do sistema de ondas mecano-sonoras selectivas e do dispositivo de adestramento neurocognitivo para membros superiores.

Estratexia enfermidades raras 2025-2030

Cómpre remarcar que o Executivo galego aprobou recentemente a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030, na que se van investir 400 millóns de euros e que reforzará os servizos de rehabilitación e ampliará o cribado neonatal.

Unha Estratexia que se enmarca na aposta do Goberno autonómico por tratar desde a sanidade pública as enfermidades raras e mellorar a calidade de vida dos máis de 5.200 pacientes diagnosticados que hai na comunidade con algunha destas patoloxías.

Ao respecto, a Xunta creou nos últimos anos unidades específicas para enfermidades raras na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que xa rexistraron 5.600 consultas. Ademais, Galicia conta co cribado neonatal máis completo de España.

No marco desta iniciativa, a Xunta realizará un investimento que superará os 396 millóns de euros para desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas, durante os próximos cinco anos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/07/2025
1101609 {"title":"A Xunta inviste 1,8 M€ na adquisición de equipamento robotizado para as unidades de rehabilitación do servizo galego de saúde co fin de mellorar a atención a doentes con enfermidades raras","published_date":"2025-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1101609"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-18/1101609-xunta-inviste-1-8-m-na-adquisicion-equipamento-robotizado-as-unidades-rehabilitacion-do-servizo-galego-saude-co-fin-mellorar-atencion-doentes-enfermidades-raras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.