A unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 13 quilos de percebe na Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os axentes tramitaron catro actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia no marco dun operativo contra o furtivismo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
Axentes da Xefatura da Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia en colaboración coa confraría de pescadores da Coruña comisaron o pasado 10 de xullo un total de 13,45 quilos de percebe, un neopreno e unha rasqueta.
Como resultado desta operación, os axentes identificaron ás catro persoas implicadas e tramitáronse catro actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia. O percebe comisado foi entregado a unha institución benéfica local.
O operativo enmárcase na colaboración realizado pola UPA en colaboración coa Consellería do Mar no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.