López Campos define o Castelo Conta como "unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O representante autonómico de Cultura agradecou a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán na organización desta iniciativa
  • Baixo o lema 'Dez voltas ao sol', o festival prepara unha edición con dez días de programación ininterrompida dende o venres 22 de agosto
  • A proposta forma parte da campaña 'Para gustos, cultura' que ten en marcha a Xunta con máis de 3.400 actividades este verán
Imagen del artículo López Campos define o Castelo Conta como unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral
Culleredo (A Coruña), 16 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación da X edición do Festival Castelo Conta que definiu "como unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral, ademais dunha poderosa ferramenta para a dinamización da nosa lingua".

No acto, celebrado no campo da Capela de San Ramón, en Culleredo, o representante do Goberno Galego agradeceu a implicación de todos os voluntarios participantes, a Fundación Castelo Conta e profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán, principal impulsor desta iniciativa, aos que se referiu como "o motor que leva a que Galicia e a súa cultura siga crecendo con forza e sexa referente alén das nosas fronteiras".

A X edición do Festival Castelo Conta, que se celebrará en Culleredo desde o venres 22 ata o domingo 31 de agosto, acollerá a artistas como Carlos Núñez, The Rapants, Sés, Xabier Díaz, Alana ou Carlos Blanco. Para os máis pequenos, haberá obradoiros, andainas polo monte e pequenos concertos. O festival tamén contará con encontros interxeracionais, gastronomía a cargo de cociñeiros referentes de Galicia, estreas de formato audiovisuais, espectáculos teatrais de pequeno formato e noite de comedia.

Nesta edición, estrearase un documental sobre regueifa, unha serie de animación infantil e presentarase unha publicación sobre a riqueza natural e antropolóxica do Monte Xalo, que será protagonista de parte da programación ao acoller un auditorio construído para a ocasión na parte máis alta do monte.

O titular de Cultura da Xunta tamén destacou que citas coma esta están enmarcadas dentro da programación do Para gustos, cultura que promove o Goberno galego, con máis de 3.400 actividades que chegan a máis de 200 concellos de toda a Comunidade. Comprende máis de 1.300 accións vencelladas a ciclos de artes escénicas, música, maxia, circo ou produción audiovisual e 43 exposicións en museos e bibliotecas. Destacan as máis de 400 actividades organizadas ao redor de festivais musicais e doutra tipoloxía, así como programas xa consolidados como 'Cultura no Camiño'.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/07/2025
1096291 {"title":"López Campos define o Castelo Conta como \"unha cita imprescindible para prestixiar e difundir a nosa tradición oral\"","published_date":"2025-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/196887-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1096291"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-16/1096291-lopez-campos-define-castelo-conta-como-unha-cita-imprescindible-prestixiar-e-difundir-nosa-tradicion-oral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.