López Campos destaca o fomento dos "valores de convivencia e respecto polo medio ambiente" dos campamentos da Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trátase dunha das 12 instalacións onde se desenvolve a acción divulgativa 'Van polo clima', en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, e no marco da campaña 'Modo Verán Activo' da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
  • A iniciativa lévase a cabo ao abeiro da actividade 'Aventura nas Mariñas' na que participan nesta quenda, ata o venres, 100 nenos e nenas de entre 9 e 11 anos
  • O representante do Goberno galego fai fincapé no "reforzo do compromiso das xeracións máis novas coa sustentabilidade e a sensibilización co cambio climático"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sada (A Coruña), 16 de xullo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe en Sada o Albergue Xuvenil Marina Española, onde ten lugar Aventura nas Mariñas, un dos 12 campamentos da Xunta nos que se desenvolve a acción divulgativa Van polo clima, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, e que se encadra na campaña Modo Verán Activo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que ofertou en total nestas instalacións 600 prazas este ano repartidas en seis quendas.

Durante o percorrido, o representante do Goberno galego, que estivo acompañado pola delegada territorial na Coruña, Belén do Campo; pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e pola directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, destacou desta proposta "a oportunidade única para a mocidade de gozar dun lecer educativo que fomenta os valores de convivencia e deporte á vez que o respecto polo medio ambiente". Fixo fincapé así na colaboración entre distintos departamentos do Executivo autonómico "para reforzar o noso compromiso coa sustentabilidade e a sensibilización sobre o cambio climático das xeracións máis novas".

Tal e como explicou, este campamento conta nesta quenda con 100 prazas para nenos e nenas de entre 9 e 11 anos que, ata o vindeiro venres, están a gozar de distintas actividades na praia, de propostas acuáticas e outros deportes como kinball, tirolina, tiro con arco e escalada, así como xogos tradicionais e obradoiros de fotografía, entre outras accións. "Unha boa maneira de aproveitar as vacacións estivais para aprender sobre o coidado do medio ambiente mentres gozan de distintas aventuras, afianzando a actividade en grupo e en contacto coa natureza", apuntou López Campos.

Neste senso, lembrou que desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude púxose a disposición da mocidade de 9 a 17 anos un total de 7.877 prazas en campamentos de verán en Galicia este ano, 2.762 delas na provincia da Coruña. A estas súmanselle as ofertadas nos campos de voluntariado, nos minicampamentos e noutras propostas, acadando as 11.630 prazas no conxunto da campaña. Todo isto, puntualizou, "para brindar á nosa xuventude as mellores e máis variadas oportunidades para o seu lecer abranguendo os seus distintos intereses e favorecendo o seu enriquecemento persoal con accións tanto lúdicas, como culturais, deportivas e formativas".

Concienciación sobre o clima

A Xunta puxo marcha o pasado mes de xuño, no marco do programa Mocidade polo Clima, a iniciativa divulgativa Van polo clima, de carácter itinerante, co obxectivo de sensibilizar e formar a mozas e mozos de ata 35 anos sobre o cambio climático e os grandes retos asociados a este fenómeno a nivel mundial.

Así, coa intención de chegar a máis de 5.000 rapaces e rapazas galegas, a acción materialízase, entre outras cuestións, nunha furgoneta dotada con zona anexa de lecer, xogos e photocall, que percorre Galicia durante o verán para instalarse nalgúns dos principais festivais e eventos musicais da Comunidade, así como nos campamentos e campos de voluntariado organizados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, organizando actividades lúdicas, participativas e informativas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/07/2025
1096006 {"title":"López Campos destaca o fomento dos \"valores de convivencia e respecto polo medio ambiente\" dos campamentos da Xunta","published_date":"2025-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/196497-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1096006"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-16/1096006-lopez-campos-destaca-fomento-dos-valores-convivencia-e-respecto-polo-medio-ambiente-dos-campamentos-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.