A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 41 presas galegas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
- O Goberno galego reforza con este exercicio a súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2025
A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.
Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.
Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.
Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.
*Xúntase calendario das probas
NATURGY
DATA | HORA INICIO | PRESA | CONCELLOS 1/2 HORA |
17/06/2025 | 09,00 | BELESAR | Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón |
17/06/2025 | 09,00 | OS PEARES | Carballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar e Coles |
17/06/2025 | 10,30 | CASTRELO | Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón |
17/06/2025 | 10,30 | ALBARELLOS | Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle |
17/06/2025 | 12,30 | PORTODEMOUROS | Vila de Cruces e Arzúa |
17/06/2025 | 12,30 | FRIEIRA | Crecente |
17/06/2025 | 13,00 | BRANDARIZ | Touro e Vila de Cruces |
17/06/2025 | 13,00 | VELLE | Ourense |
17/06/2025 | 15,00 | SALAS | Muíños e Lobios |
17/06/2025 | 15,30 | AS CONCHAS | Muíños, Lobios e Entrimo |
17/06/2025 | 16,30 | VILAGUDÍN | Tordoia |
17/06/2025 | 17,00 | SAN COSMADE | Cerceda e Ordes |
IBERDROLA
DATA | HORA INICIO | PRESA | CONCELLOS ½ hora |
18/06/2025 | 10,00 | CHANDREXA | Chandrexa de Queixa |
18/06/2025 | 10,05 | GUÍSTOLAS | A Pobra de Trives e Ribas de Sil |
18/06/2025 | 10,15 | SANTOALLA | O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
18/06/2025 | 10,30 | SANTO ESTEVO | Pantón e Sober |
18/06/2025 | 10,40 | SAN PEDRO | Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles e O Pereiro de Aguiar |
18/06/2025 | 11,00 | SAN MARTIÑO | Quiroga e Ribas de Sil |
18/06/2025 | 11,15 | MONTEFURADO | Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa e Petín |
18/06/2025 | 11,30 | SEQUEIROS | Quiroga e Ribas do Sil |
18/06/2025 | 11,45 | CASOIO | Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
18/06/2025 | 12,00 | PUMARES | Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras |
18/06/2025 | 12,15 | CENZA | Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
18/06/2025 | 12,30 | AS PORTAS | Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
18/06/2025 | 12,45 | O BAO | Manzaneda, O Bolo, Petín e Ribas de Sil |
ENDESA
DATA | HORA INICIO | PRESA | CONCELLOS ½ hora |
18/06/2025 | 09,00 | PRADA | A Veiga e O Bolo |
18/06/2025 | 09,30 | SAN SEBASTIÁN | Viana do Bolo e Vilariño de Conso |
18/06/2025 | 10,00 | EIRÓS | Rubiá |
18/06/2025 | 10,00 | PEÑARRUBIA | Rubiá |
18/06/2025 | 11,00 | RIBEIRA | As Pontes de García Rodríguez |
18/06/2025 | 11,30 | EUME | Pontedeume, Ares, Cabanas e Fene |
XEAL
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
17/06/2025 | 10,00 | FERVENZA | Dumbría e Mazaricos |
17/06/2025 | 12,00 | SANTA UXIA | Carnota, Dumbría e Mazaricos |
EMALCSA
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
17/06/2025 | 12,00 | CECEBRE | Cambre e Culleredo |
PHG
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
18/06/2025 | 10,00 | TOURO | Vila de Cruces, Touro e Silleda |
ALUMINA
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
17/06/2025 | 10,00 | BALSA DE LODOS VERMELLOS | Xove |
17/06/2025 | 11,30 | RIOCOBO E DIQUE | Cervo |
AUGAS DE GALICIA
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
17/06/2025 | 10,00 | BAÍÑA | Baiona |
17/06/2025 | 11,00 | EIRAS | Soutomaior, Ponte Caldelas e Pontevedra |
17/06/2025 | 17,00 | CALDAS | Caldas de Reis e Portas |
18/06/2025 | 16,00 | O CON | Vilagarcía de Arousa |
ADELANTA
DATA | HORA INICIO | PEP | CONCELLOS ½ hora |
18/06/2025 | 17,00 | DEVA | Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado |