A Xunta remata as obras de drenaxe na contorna do aparcamento da Avenida de Breogán, no barrio lucense de Casás
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno galego decidiu asumir estes traballos, de competencia municipal, para axilizar a recepción e apertura do parking por parte do Concello de Lugo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 13 de xuño de 2025
A Xunta de Galicia rematou as obras para implantar un sistema de drenaxe de augas pluviais na rúa Monte Pena Rubia, na parte de abaixo do aparcamento disuasorio da Avenida de Breogán, no barrio lucense de Casás, ás que destinou un orzamento de 48.300 euros.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou esta mañá a zona e lembrou que o Goberno galego asumiu os traballos, pese a ser de competencia municipal, co obxectivo de axilizar a recepción e apertura do parking por parte do Concello de Lugo, "e aínda tivemos que agardar pola autorización para actuar sobre unha rúa da súa titularidade e arranxar un problema que xa existía antes da construción do aparcamento ao carecer de sistema de drenaxe de augas pluviais".
Explicou que as augas que se desbordaban proceden en boa parte de afloramentos nas cunetas da vía que nada que teñen que ver coa obra do aparcadoiro, se ben a situación puido facerse máis evidente ao non poder filtrarse agora ao terreo natural na zona do parking.
Arias confía en que, con esta actuación xa rematada, "se poña en funcionamento á maior brevidade unha infraestrutura que é moi necesaria para os usuarios dos novos servizos da zona e para a cidade en xeral".
A Xunta investiu 1,2 millóns de euros no aparcamento da Avenida de Breogán, no que se habilitaron 148 prazas, para fomentar o uso do vehículo compartido e reducir as emisións na capital.
Dispón de dobre acceso: un cara ao barrio de Casás, asociado aos tráficos de orixe ou destino no tecido urbano, e outro na avenida de Breogán, pensado como acceso principal e asociado a tráficos de enlace coas estradas nacionais N-6 e N-540.