Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Presentou en Baiona a regata 52 Super Series que se desenvolverá na vila pontevedresa da man do Monte Real Club de Iates
  • A organización prevé un retorno da competición para as empresas locais de arredor de 2 M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Baiona, 30 de maio de 2025

Galicia volverá acoller unha a 52 Super Series, unha das principais competicións de vela a nivel internacional, xunto coa Copa América e a Volta ao Mundo. A cita desenvolverase entre o 2 e o 7 de xuño e estará organizada polo Monte Real Club de Iates de Baiona. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da competición tras visitar os novos pantaláns instalados no Club Náutico de Baiona onde tamén atracarán as embarcacións participantes.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou que "Galicia está a posicionarse como referente nos grandes eventos náuticos, cunha longa tradición na navegación a vela e noutras categorías de deportes deste tipo".

Neste sentido, subliñou que desde a Xunta de Galicia estanse a realizar distintos investimentos que impulsar o turismo náutico, poñendo en valor ademais, a importancia das competicións náuticas. Por exemplo, en 2024 destináronse máis de 3 M€ para a mellora das infraestruturas dos portos deportivos.

No caso da proba de 2025 da 52 Super Series, o apoio da Xunta manifestouse a través da colaboración da Administración para a instalación de novos pantaláns ademais de contribuír á organización da proba. "Un compromiso que adquirimos con este evento na medida en que contribúe á promoción do noso contorno natural marítimo, en especial do Parque Natural das Illas Atlánticas, e contribúe a proxección internacional do noso destino como sostible e auténtico", subliñou.

O director de Turismo de Galicia destacou o importante retorno económico que xera esta proba na zona, grazas á xeración dun movemento de arredor de 500 persoas, 13 megaiates e barcos de apoio, entre outros. A loxística, transportes, aloxamentos e restauración tradúcense nun gasto estimado de máis de 3 millóns de euros por etapa, dos que arredor de 2 millóns de euros son para empresas e servicios locais do lugar de competición.

Nove nacionalidades distintas

En Galicia, a 52 Super Series Royal Cup contará coa participación de 11 barcos de nove países distintos -Alemaña, Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Hong-Kong, Italia, Sudáfrica, Tailandia e Turquía-. Entre as tripulacións das distintas embarcacións participan dous galegos, os regatistas Pablo Torrado e Víctor Mariño, que se unen a outros nove participantes doutras rexións de España.

A proba constitúe a segunda cita no calendario da 52 Super Series, tras da Saint-Tropez Sailing Week. En xullo, a competición visitará Portugal coa ROLEX TP52 World Championship CASCAIS 2025, para en agosto volver a España coa Puerto Portals 52 SUPER SERIES Sailing Week en Palma de Mallorca e pechar en setembro en Cerdeña, Italia, coa 52 SUPER SERIES PORTO CERVO SAILING WEEK.

Desestacionalización e internacionalización

A organización ou apoio a eventos deportivos posiciónase como unha importante vía de entrada de turistas á comunidade. En 2024, 128.548 persoas visitaron Galicia por motivos de turismo deportivo, segundo a Enquisa de turismo de residentes en España. Ademais, o impulso a eventos deportivos eríxese como un importante factor de desestacionalización da oferta, ao promover as visitas fóra das tempadas altas, tal e como queda contemplado na Estratexia de Turismo 2023 da Axencia.

No caso de eventos como a 52 Super Series, na que participan equipos de países de todo o mundo e que ten seguimento a nivel internacional, o apoio a nivel turismo permite ademais avanzar na estratexia de difundir Galicia entre públicos de fóra de España.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/05/2025
1035566 {"title":"Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos","published_date":"2025-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184825-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1035566"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-30/1035566-xose-merelles-destaca-impulso-da-xunta-ao-turismo-nautico-mais-3-m-mellora-infraestruturas-portos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.