A Xunta acada solo para construír 137 vivendas protexidas a través dunha permuta co Concello de Lugo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Nunha destas parcelas, na rúa Illa Coelleira, construirase un inmoble para aloxamentos compartidos e temporais, cuxa redacción do proxecto sae hoxe a licitación por 304.508€
- A través da permuta de parcelas asinada hoxe, a Xunta acada seis parcelas onde se prevén un total de 137 vivendas de promoción pública, cunha estimación de 20,9M€ de investimento
- Allegue subliñou o exemplo de colaboración institucional que supón o convenio da permuta asinado hoxe, "que permite ofrecer solucións reais aos retos da vivenda en Lugo"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 28 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asinou hoxe co alcalde de Lugo, Miguel Fernández, a permuta pola que a Xunta acada seis parcelas onde se prevén construír 137 vivendas de promoción pública. Nunha destas parcelas, na rúa Illa Coelleira, a Xunta construirá o terceiro dos inmobles para aloxamentos temporais e compartidos para menores de 36 anos, no que se prevén 50 vivendas. A licitación da redacción do proxecto deste edificio publicouse hoxe na Plataforma de contratos de Galicia, por un importe de 304.508€.
Allegue salientou a importancia da sinatura deste convenio de permuta de parcelas entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, "unha sinatura que é un exemplo claro de como a colaboración institucional permite avanzar con proxectos ambiciosos, sólidos e con marcado carácter social que supoñen solucións reais para a cidadanía".
O inmoble de aloxamentos incluirá espazos comúns, zonas para o teletraballo, aparcadoiro para coches e bicicletas e lavandería, e está destinado a mozos e mozas que precisen unha solución transitoria por estudios, contratos de doutoramento ou bolsas. M. Allegue destacou que o Goberno galego xa ten 2 inmobles de aloxamentos compartidos en marcha, un en Santiago e outro en Vigo.
A titular de Vivenda e Infraestruturas sinalou que a Xunta ten en previsión construír un total de 87 vivendas protexidas máis nas rúas Paradai de Arriba e Ángelo Colocci, nas parcelas que agora pasarán a ser propiedade do Goberno galego, mostrando de novo "o compromiso firme da Xunta coa cidade de Lugo".
Por último, M. Allegue recordou que no barrio de Garabolos estanse a executar 4 inmobles que suporán máis de 460 vivendas protexidas, e no centro histórico, na rúa Catedral 18 e 22, estanse a rehabilitar 2 edificios no marco do programa Rexurbe, para 2 fogares. Ademais, a Xunta ten marcha o concurso de ideas para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e todo o ámbito do UI-8 da Tinería, impulsando así unha revitalización integral do casco histórico.