A Xunta licita por preto de 300.000 € as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara a rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna
  • As empresas interesadas neste contrato, que conta con financiamento europeo a través dos fondos NextGenerationUE, teñen de prazo ata o 16 de xuño para presentar as súas ofertas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2025

A Xunta de Galicia licitou por un importe de preto de 300.000 euros as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Senra, no concello lucense de Cervo. O fin último dos traballos é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara a rede de saneamento municipal co obxectivo de garantir a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna.

As actuacións, que se enmarcan na colaboración coa entidade supramunicipal Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela, teñen un prazo de execución de seis meses e buscan que o funcionamento da ETAP sexa óptimo mediante a instalación dun novo sistema de flotación por aire disolto (DAF) que aumente a capacidade de tratamento, mellore a liña de lodos e reduza os aportes de auga sucia á rede de saneamento do concello de Cervo.

A instalación deste novo sistema DAF para o tratamento da auga require dunha ampliación da sala de lodos -pois as dimensións da actual son insuficientes-, que se estenderá ao espazo actualmente ocupado polos vestiarios e, parcialmente, polo laboratorio. Polo tanto, as obras implican tamén a habilitación dun novo espazo para os vestiarios do persoal e para o laboratorio.

En canto á liña de lodos, ademais de cambiarse o sistema de flotación por aire disolto, instalarase un novo depósito prefabricado de formigón de arredor de sete metros cúbicos de volume que recollerá a auga clarificada procedente do DAF antes de pasala á seguinte fase das canalizacións para o tratamento dentro da ETAP.

As empresas interesadas en optar a este contrato -que conta con financiamento europeo a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationUE- poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de xuño.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/05/2025
1030540 {"title":"A Xunta licita por preto de 300.000 € as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo","published_date":"2025-05-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724987\/20250526+TraballosConservacionFluvialCarino.jpg","id":"1030540"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-25/1030540-xunta-licita-preto-300-000-as-obras-reforma-da-lina-lodos-da-estacion-tratamento-auga-potable-da-senra-concello-cervo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.