A Xunta inicia as obras para mellorar a drenaxe de augas pluviais na contorna do aparcamento da avenida de Breogán, en Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Javier Arias lembra que o Goberno autonómico decidiu asumir esta actuación, de competencia municipal, para axilizar a recepción e a apertura do párking
  • Os traballos contan cun orzamento de máis de 48.000 euros e un prazo de execución de tres meses

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 30 de abril de 2025

A Xunta comezou os traballos para solucionar os problemas de drenaxe de augas pluviais que se rexistran na contorna do aparcamento disuasorio da Avenida de Breogán, no barrio de Casás, en Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, supervisou hoxe o inicio desta actuación, que conta cun orzamento de 48.300 euros e un prazo máximo de execución de tres meses.

Arias lembrou que o Goberno autonómico decidiu asumir estas obras, malia ser de competencia municipal, para que o Concello de Lugo recepcione o aparcamento e axilizar así a súa apertura. Explicou ademais que as deficiencias na drenaxe de augas na rúa Monte Pena Rubia (situada na parte de abaixo do párking) son "un problema preexistente e, de feito, as augas que se desbordan proceden en boa parte de afloramentos de auga nas cunetas do vial que nada teñen que ver coa construción do aparcadoiro". Se ben, a situación puido facerse máis evidente ao non poder filtrarse agora a auga ao terreo natural na zona do párking.

A actuación que vén de iniciar a Xunta suporá implantar un sistema de drenaxe na rúa Monte Pena Rubia -onde actualmente non existe- para canalizar as augas por debaixo do pavimento. Darase así solución aos problemas que se rexistran especialmente nos días de choiva, nos que as actuais deficiencias fan que pase por riba da vía un caudal de auga que provoca arrastres e afecta especialmente ao tránsito de peóns.

O delegado territorial detallou que se trata dunha obra menor, cun orzamento de 48.300 euros, "que asumimos pensando nos veciños e veciñas, co ánimo de que se poida abrir por fin este párking tan demandado".

Sinalou ademais -segundo tamén se apreciaba no terreo- que rúa arriba e con independencia tamén das obras do párking existen outros afloramentos de auga que producen escorrentías polo vial, "unha problemática que seguirá existindo ante o deixamento municipal".

A Xunta investiu 1,2 millóns de euros na construción do aparcamento disuasorio da Avenida de Breogán, que permitirá dotar ao barrio da Residencia de 148 novas prazas para estacionar.

Arias subliñou a aposta do Goberno galego por este barrio lucense "ao que nos últimos anos lle demos unha volta integral e un enorme impulso coa apertura tamén de novos servizos como o Centro Integral de Saúde (CIS), a residencia de maiores ou a Oficina de Emprego central de todo o municipio".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/04/2025
1005350 {"title":"A Xunta inicia as obras para mellorar a drenaxe de augas pluviais na contorna do aparcamento da avenida de Breogán, en Lugo","published_date":"2025-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174753-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1005350"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-30/1005350-xunta-inicia-as-obras-mellorar-drenaxe-augas-pluviais-na-contorna-do-aparcamento-da-avenida-breogan-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.