Xosé Merelles destaca o impulso do Caudal Fest á promoción dos recursos turísticos locais de Lugo e o impacto económico na cidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O cartel definitivo deste evento incluído nos Concertos do Xacobeo que impulsa a Xunta de Galicia desvelouse hoxe nun acto no Concello de Lugo, no que participou o director de Turismo de Galicia, xunto co delegado da Xunta, Javier Arias
Imagen del artículo Xosé Merelles destaca o impulso do Caudal Fest á promoción dos recursos turísticos locais de Lugo e o impacto económico na cidade
Lugo, 22 de abril de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá na presentación da programación por días e novos artistas do Caudal Fest no marco dos Concertos do Xacobeo, que impulsa a Xunta de Galicia. A última gran festa musical do verán, o Caudal Fest de Lugo, desvelou hoxe o seu cartel completo que suma figuras como Zahara, Vega e Yarea, entre outras, a bandas e artistas de referencia xa confirmados como Love of Lesbian, Dani Fernández, Melendi, Duncan Dhu ou Alcalá Norte. Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou que, "co Caudal Fest, os Concertos do Xacobeo potencian os recursos turísticos locais e supoñen un importante impacto positivo, xerando emprego, gasto, lecer e coñecemento na cidade".

O Caudal Fest está considerado como o terceiro festival máis grande de Galicia por cantidade de público e unha das citas imprescindibles coa música en directo en todo o terzo norte peninsular ao rematar a época estival. Os Xardíns do Pazo de Feiras e Congresos da cidade amurallada acollerán os días 19 e 20 de setembro a sétima edición do evento.

O director de Turismo de Galicia subliñou que "o apoio da Xunta de Galicia ao Caudal Fest, a través da Axencia Turismo de Galicia, responde á filosofía da Xunta de apoiar as grandes citas coa música en directo de Galicia, que se erixen como un gran motor económico, turístico e cultural para a nosa comunidade de xeito desestacionalizado  ao longo de todo o ano".

O Caudal Fest pecha o seu cartel con seis novos artistas.  A primeira novidade é que Zahara estará presente no Caudal Fest 2025. Referente indiscutible do pop alternativo nacional, a súa presenza neste festival promete ser un dos momentos máis emocionantes do evento lucense.

Xunto a Zahara, confirmouse tamén a presenza de Vega, unha das cantautoras máis sólidas do panorama español, xunto con Yarea, Kike Varela, Músculo! e Lisdexia.

Sobre o Caudal Fest

Os días 19 e 20 de setembro, Lugo acollerá de novo "a última gran festa musical do verán" en Galicia. O Caudal Fest regresa este 2025 cun cartel que reúne ao melllor do indie pop rock nacional actual, con Zahara, Melendi, Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante, Duncan Dhu, Alcalá Norte, Vega e The Rapants, e moitos outros.

Caudal Fest é un festival organizado por Bring The Noise, promotora galega con orixe na provincia de Lugo. A organización confirma que son xa "decenas de miles de persoas" as que adquiriron xa o seu abono para o Caudal Fest 2025 e prometen que "esta será a súa maior e máis exitosa edición da cita".

Neste 2025, o venres 19 de setembro, o Caudal Fest presentará os directos de Love Of Lesbian, Dani Fernández, Duncan Dhu, Niña Polaca, Carlos Ares, Dollar Selmouni, Vega, Yarea, Kike Varela e Lisdexia. Finalmente, o sábado 20 de setembro chegaralle a súa quenda a Melendi, Carolina Durante, Zahara, Elyella, Marlon, Alcalá Norte, The Rapants, Merino, Chicle e Músculo!

Sobre Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, que da cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025. Entre elas están o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Caudal Fest, o Río Verbena, así ata sumar máis de 55 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en 20 localidades de toda Galicia.

Máis de 500 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O seu programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/04/2025
996879 {"title":"Xosé Merelles destaca o impulso do Caudal Fest á promoción dos recursos turísticos locais de Lugo e o impacto económico na cidade","published_date":"2025-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/175687-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"996879"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-22/996879-xose-merelles-destaca-impulso-do-caudal-fest-promocion-dos-recursos-turisticos-locais-lugo-e-impacto-economico-na-cidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.