O Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro estrean a coprodución 'Profetas' en Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A cita será o xoves 24 de abril ás 20,30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 
  • Carlos Álvarez-Ossorio dirixe esta peza escrita por Ernesto Is, gañadora do Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2021
  • O espectáculo poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 3, 4 e 5 de maio

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo acolle este xoves 24 de abril a estrea do espectáculo Profetas, a nova coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro. A función será ás 20,30 horas no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto cultural impulsado e cofinanciado pola Xunta de Galicia con actividade en máis de 40 escenarios do país.

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, son os protagonistas de Profetas, un espectáculo dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio que leva a escena a peza pola que o dramaturgo Ernesto Is obtivo o XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT Ribadavia en 2021. Para a súa montaxe contaron tamén coa colaboración da MIT, ademais da do Concello de Lugo e das Deputacións de Lugo e A Coruña.

A obra presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven a atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. 

A montaxe mestura diferentes linguaxes escénicas e afonda no carácter híbrido do texto, combinando o traballo da interpretación co vídeo en directo, a utilización de máscaras e mais o movemento.  

Trala súa estrea en Lugo, chegará ao Salón Teatro de Santiago de Compostela a comezos de maio, con funcións para público xeral o sábado 3 ás 20,00 h. e o domingo 4 ás 18,00 h., así como un pase especial para escolares o luns 5 en horario de mañá.  As localidades para a estrea en Lugo están á venda na web entradaslugo.es, en tanto que para as representacións en Santiago de Compostela poden adquirirse tamén na plataforma dixital Ataquilla ou no portelo do Salón Teatro nos días de apertura desde dúas horas antes de cada función.  

A compañía ten previsto visitar tamén en Sarria, Meira, Quiroga, Burela, Vilalba, Barreiros, Ribadavia, Cedeira e Outes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/04/2025
996878 {"title":"O Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro estrean a coprodución 'Profetas' en Lugo","published_date":"2025-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/175755-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"996878"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-22/996878-centro-dramatico-galego-e-itaca-teatro-estrean-coproducion-profetas-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.