A consellería do Mar profesionaliza a frota do Gran Sol grazas ás axudas habilitadas para accións formativas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O departamento autonómico inviste en 2025 en materia formativa 12,3 millóns, cofinanciados polo Fempa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Viveiro (Lugo), 14 de marzo de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, visitou este venres o curso de seguridade para a frota do Gran Sol que está a impartir a Confraría de Celeiro, grazas á liña de axudas habilitada pola Administración autonómica para formar ao sector pesqueiro, co fin de facelo más competitivo e rendible dende o punto de vista económico e medioambiental. En total, segundo expuxo Villares, a Consellería inviste en 2025 en materia formativa 12,3 millóns de euros, cofinanciados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) e o 30% pola Consellería do Mar.
No curso, que dispón de 320 horas de formación, os alumnos adquiren coñecementos relacionados co traballo que desenvolven, e que versan sobre a seguinte temática: nocións de navegación; medidas de prevención en condicións meteorolóxicas adversas; precaucións en manobra para a posta á boia de botes de rescate ou embarcacións de supervivencia, así como na estiba; carga e descarga en artes de pesca e capturas; prevención e loita contra incendios; actuacións en casos de abordaxe, abandono do buque, salvamento de persoas dun barco en perigo ou naufragado; coñecementos de primeiros auxilios; operacións de servizos de achique e baldeo; ou riscos que se poden presentar no manexo de maquinaria a bordo.
Impulso do sector a través da formación
A Consellería do Mar conta con centros formativos en Vigo, Vilanova de Arousa (Igafa), Ribeira e Ferrol, nos que se imparten os Ciclos Superiores de Pesca de Altura e de Máquinas; e os Medios de Pesca de Litoral, de Máquinas, Técnico en Acuicultura, Cultivos Acuícolas, Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas. En 2025 está previsto que ditas instalacións acollan 126 cursos. No caso dos impartidos polas Confrarías, as accións ascenden a 97 en total. Son as seguintes: Mariñeiro-Pescador (pósito de Porto do Son), Programa Avanzado en Liderado e Habilidades Directivas e Como Elaborar un Plan de Empresa Cooperativa (Confraría de Barallobre), Patrón Costeiro Polivalente-Ponte e de Máquinas (pósito de Burela), Inglés Técnico Marítimo (OPP de Lugo); Manipulador de Alimentos (Orpagu) e Formación Básica (Arvi).