A Xunta esixe ao Goberno central que cumpra co financiamento do sistema de dependencia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Fabiola García agradece a boa vontade do Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023 pero denuncia que "a vontade non sostén o sistema de atención á dependencia"
  • Destaca que "sen abordar o financiamento non é posible un avance real" e lembra que as achegas a Galicia "redúcense dun ano a outro", ao pasar do 40% ao 34,9% en doce meses
  • Alerta de que o Goberno central "corre o risco de repetir coa Lei ELA o mesmo erro que coa dependencia", en referencia a unha normativa "que continúa sen financiamento" catro meses despois da súa entrada en vigor

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Madrid, 13 de marzo de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reclamou hoxe que a modificación da lei de dependencia vaia acompañada dun completo estudo de custos e do financiamento necesario para poder cubrilos. Tras asistir ao  Pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia, fixo fincapé en que "unha vez máis, a resposta do Goberno central ante a dependencia é o infrafinanciamento, algo que recoñece na propia memoria da lei".

Durante a súa quenda de palabra, a conselleira agradeceu a boa vontade do Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2023 pero denunciou que "a vontade non sostén o sistema de atención á dependencia", esixindo ao Goberno central que cumpra a normativa e achegue o 50% do investimento nesta materia.

Neste sentido, Fabiola García destacou que "sen abordar o financiamento non é posible un avance real no sistema de atención á dependencia". Sobre esta cuestión, puxo de exemplo o caso de Galicia, no que as achegas ao sistema de atención á dependencia por parte do Goberno central "redúcense dun ano a outro", ao pasar do 40% en 2023 ao 34,9% en 2024, o que provoca que a débeda acumulada con Galicia nesta materia supere os 2.500M€. A conselleira explicou que esta situación "vese agravada pola falta de PGE e pola dificultade para atopar profesionais".

No Pleno, o Goberno central ofreceu información sobre información sobre o anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei de Dependencia. Unha normativa que, segundo destacou Fabiola García, presenta como novidades cuestións que xa estaban vixentes desde xullo do 2023, como é o caso da teleasistencia universal ou a compatibilidade de servizos. O texto inclúe, ademais, a reforma do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que se amplía a actividades fóra do domicilio "sen ter en conta ás comunidades autónomas, que o financian maioritariamente, nin aos concellos, que son os encargados de xestionalo".

A conselleira tamén solicitou a actualización e mellora do baremo da dependencia, "que se marca a nivel estatal e está obsoleto", e que se estableza que o envellecemento da poboación e a dispersión teñan un maior peso nos criterios xerais de financiamento, unhas cuestións que definiu como "claves para Galicia".

Por último, Fabiola García alertou de que o Goberno central "corre o risco de repetir coa Lei ELA o mesmo erro que coa dependencia", en referencia a esta normativa, que entrou en vigor o pasado mes de novembro "e continúa sen financiamento". Sobre esta cuestión, incidiu en que "non se poden recoñecer dereitos se isto non vai acompañado de fondos".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/03/2025
943986 {"title":"A Xunta esixe ao Goberno central que cumpra co financiamento do sistema de dependencia","published_date":"2025-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/164075-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"943986"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-13/943986-xunta-esixe-ao-goberno-central-cumpra-co-financiamento-do-sistema-dependencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.