A Xunta convoca as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os exames realizaranse en maio de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán a facerse tamén en Madrid
- O prazo de solicitudes estará aberto desde o luns ata o vindeiro 28 de marzo
- As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización das probas, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2025
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2 3 e 4. Os exames realizaranse en maio de forma presencial e simultaneamente en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid, cidade onde se retoma a súa realización despois de 11 anos.
Tal e como se explica na orde, o prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, comeza este luns día 10 e remata o vindeiro venres 28 de marzo. Estas peticións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentarse de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento. As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada nivel e localidade publicarase no Portal da Lingua Galega.
Pola súa parte, os exames, que terán lugar no mes de maio, realizaranse de forma presencial e simultánea en Santiago de Compostela, para os catro niveis, e en Ponferrada e Madrid, para os niveis 2, 3 e 4. As datas concretas, así como as sedes e horarios de realización, publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega. Unha vez realizados os exames, os resultados provisionais publicaranse en dito portal no prazo máximo de dous meses desde a súa realización.
A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu acercamento a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola lingua, a Administración Autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñibles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.