Máis de 1.000 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria promovido pola Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, explica que as actividades comezarán o 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 27 de febreiro 2025
Preto de 1.100 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria para alumnado de Primaria promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e responsables de Roqsport, a empresa que organiza as actividades, presentaron hoxe a iniciativa, que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas nos pavillóns dos propios centros de ensino.
O calendario previsto comezará o xoves 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro, coa asistencia de 179 nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de Primaria.
Os seguintes centros e datas previstas son os CEIP Península da Paz de Cervo (o venres 7 de marzo); Pedro Caselles Rollán de Xove (o luns 10); Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo (mércores 12); Vista Alegre de Burela (venres 14); CEIP do Vicedo (luns 17); Gregorio Sanz de Ribadeo (mércores 19); Santa María do Valadouro (luns 24); CEIP Nº1 de Foz (mércores 26) San Miguel de Reinante, en Barreiros (venres 28); Castro de Alfoz (luns 31); e, por último, Juan Rey de Lourenzá (mércores 2 de abril).
As xornadas incluirán sesións prácticas sobre un circuíto de educación viaria móbil que se desprazará aos centros.
O obxectivo do programa é que os rapaces e rapazas coñezan aspectos básicos da seguridade viaria e fomentar as condutas responsables. Un dos aspectos nos que se fará fincapé será o coñecemento e o respecto dos sinais de tráfico.