Alumnos do Pedro Murias amplían coñecementos en Mondoñedo sobre o lobo e o manexo de maquinaria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estudantes dos ciclos de grao medio de produción agroecolóxica e de aproveitamento e conservación do medio natural deste Centro de Formación e Experimentación Agraria recibiron formación complementaria no mindoniense IES San Rosendo
- Por un lado, participaron nunha actividade docente sobre o lobo ibérico e, por outro, nunha xornada de manexo de maquinaria forestal e de mantemento de xardíns
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2025
Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias, de Ribadeo, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participaron días atrás en Mondoñedo nunha serie de actividades complementarias para ampliar os seus coñecementos.
Así, o pasado día 5 de febreiro, un total de oito alumnos dos ciclos de grao medio de produción agroecolóxica e de aproveitamento e conservación do medio natural do Pedro Murias, acompañados dos seus profesores, desprazáronse ata o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo para participar nunha actividade docente centrada no lobo ibérico.
Durante esta xornada estudaron esta especie desde o punto de vista biolóxico e etolóxico e coñeceron de primeira man os problemas que pode xerar este carnívoro na comunidade autónoma, así como a problemática á que se enfronta o lobo ibérico para a súa viabilidade futura. O programa permitiulles tamén repasar os aspectos legais que contemplan a protección do lobo en España e en particular en Galicia, sempre referenciado á lexislación europea. Para finalizar a xornada, os alumnos analizaron mostras de deposicións, pegadas e cráneos de especies como o xabaril, o cabalo galego, o cervo, o mastín e o propio lobo.
Por outra banda, un grupo de estudantes dos mesmos ciclos de grao medio do Pedro Murias, cos seus mestres, visitaron tamén este mesmo IES de Mondoñedo o pasado 14 de febreiro, para participar noutra actividade de formación complementaria. Neste caso, estivo dedicada ao manexo de simuladores de maquinaria forestal e relacionada co mantemento de xardíns, á participación nun obradoiro de plantas aromáticas e medicinais e á asistencia a unha charla informativa de preparación de planta de certo volume para a comercialización.