A Xunta avanza na mellora da cobertura móbil no rural do concello de Lugo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Javier Arias visitou a torre que hoxe se izou no terreo cedido por un particular en Gondar e lembrou que o Goberno galego se encarga tanto da construción destas instalacións como das acometidas eléctricas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 20 de febreiro de 2025
A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), continúa cos traballos para mellorar a cobertura móbil no rural do concello de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, visitou a parroquia de Gondar, onde esta mañá rematou a instalación da torre que dará servizo á zona oeste do municipio.
Na visita, á que asistiron tamén veciños da zona, subliñou a importancia desta actuación do Goberno autonómico "que supón un paso adiante para mellorar as comunicacións no rural de Lugo, o que resulta fundamental para garantir o asentamento de poboación e o desenvolvemento económico destes núcleos".
Arias lamentou que o Concello de Lugo estea a vender estes traballos como propios, "atribuíndose investimentos que non son seus, cando é a Xunta quen se encarga de sufragar tanto a construción das torres como as acometidas eléctricas". Explicou ademais que o habitual é que as torres de telecomunicacións se instalen en terreos cedidos por particulares, por comunidades de montes ou polos propios Concellos, a través dun convenio asinado entre Amtega e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e que no caso de Gondar a cesión veu por parte dun particular.
A Xunta instalará proximamente outras dúas torres no municipio de Lugo, concretamente nas parroquias de San Pedro de Mera e Santa María Alta, para dar cobertura aos núcleos de Bacurín, Carricova, O Burgo, Hospital, San Pedro de Abaixo, San Pedro de Arriba, Cabanas, Alta, Locai, Marcoi, Riobó, Vilariño e Torible. O Goberno autonómico destinará ás tres instalacións preto de 700.000 euros.
Nos vindeiros días, Amtega iniciará tamén os traballos para mellorar a cobertura móbil en núcleos rurais de Vilalba, Mondoñedo e Láncara.
A construción destas torres en núcleos do rural de toda a comunidade forma parte dunha actuación da Xunta complementaria aos compromisos do Estado, que é quen ten as competencias en telecomunicacións.