A delegación da Xunta en Lugo acolle a entrega de premios do concurso infantil de debuxo con motivo do bicentenario da Policía Nacional
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Secretaría Xeral da Lingua colaborou no certame, no que participaron escolares de Educación Primaria de toda a provincia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 13 de febreiro de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta tarde o acto de entrega dos premios do concurso infantil de debuxo convocado con motivo do Bicentenario da Policía Nacional. A Secretaría Xeral da Lingua, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, colaborou coa Comisaría Provincial lucense na organización do certame, no que participaron alumnos e alumnas de Educación Primaria de toda a provincia.
A Policía Nacional convocou este concurso co obxectivo de difundir entre os máis novos o labor que este Corpo presta en servizo da comunidade. Establecíanse tres categorías: a primeira para alumnado escolarizado en 1º e 2º de Educación Primaria; a segunda, para alumnado de 3º e 4º; e a terceira, para alumnado de 5º e 6º. Os traballos presentados debían conter unhas liñas en lingua galega para describir o contido do debuxo.
No acto desta tarde entregáronse os premios aos catro primeiro clasificados de cada categoría, que recibiron un agasallo e un diploma acreditativo. Na entrega participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o comisario xefe da Policía Nacional de Lugo, Luis Miguel Romera, entre outras autoridades.
Os estudantes premiados foron:
Na primeira categoría: Mateu Almuina Gayoso (CEIP Plurilingüe de Nadela), Ariel Echeverry Cruz (CEIP Monforte de Lemos), Alma González Gómez (CEIP San Xoán, de Becerreá) e Noela Ínsua Requeijo (CEIP Antía Cal Vázquez, de Muras).
Na segunda categoría: Carmen Bustabad Fernández (CEIP de Celeiro), Martín Fernández Carrera (CEIP Plurilingüe de Nadela), Martina López Candia (CEIP Península da Paz, de Cervo) e Gonzalo Porto Ingerto (CEIP Plurilingüe O Corgo).
E na terceira categoría: Sonia Mora Seijo (CEIP de Celeiro), Branca Fernández Guerreiro (CEIP Quiroga Ballesteros, de Lugo), Gonzalo Gómez Rodríguez (CEIP Plurilingüe O Corgo) e Cristian Prieto Gómez (CEIP Antía Cal Vázquez, de Muras).
O delegado territorial destacou a calidade dos traballos presentados e valorou a colaboración da Xunta nesta iniciativa "que serviu para achegar aos máis novos a importancia de contar con este corpo policial e para dar a coñecer o seu labor fundamental como garante da seguridade de todos os veciños e veciñas da provincia, ao tempo que promovemos o uso da lingua galega entre os escolares".